As tarxetas amarelas, un problema para o Pontevedra
Por Diego Espiño
A falta de efectivos no Pontevedra Club de Fútbol mantén unha ameaza nos ciclos de amoestacións que aínda non cumpriron ningún xogador do plantel.
O conxunto dirixido por Carlos Pouso viaxou a Canarias con só 16 efectivos, 15 do primeiro plantel e o gardameta canteirán Diego Dadín por culpa das lesións que arrastran varios xogadores. Non é a primeira vez que o técnico non completa a lista de 18 que lle permite o regulamento. Ocorreu nas últimas datas e a situación pode agravarse ante a chegada das sancións por acumulación de amoestacións.
Contra o filial amarelo tres foron os futbolistas do Pontevedra que viron un cartón amarela como Sana N'Diaye, Berrocal e Javi Pazos, aínda que ningún deles pasaron afortunadamente a engrosar a lista de apercibidos.
Tres dos futbolistas do primeiro plantel encóntranse ao bordo da suspensión, con 4 tarxetas. Trátase de Churre, Pol Bueso e Álex Fernández. Ademais con tres amarelas aparecen Adighibe, Javi Pazos, Álex González e Álvaro Bustos.
Esta situación únese aos problemas físicos de varios integrantes do equipo, e que a última semana deixaron fóra da convocatoria a Mejía, Naveira, Brian, Santi Figueroa, Pol Bueso e o lesionado de longa duración Javi López.
Ante un panorama así, os granates deberán ter coidado para non atoparse baixo mínimos nas próximas xornadas de liga.
Relacionadas:
-
Oportunidade de ouro para o Pontevedra na visita do Rayo Majadahonda a Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O VAR, segundo Carlos Pouso: "Si el árbitro se equivoca en contra, te jodes"
Por Diego Espiño |
-
Churre: "Mientras no me escache de todo estaré disponible para el míster"
Por Diego Espiño |
-
Xornada de solidariedade no Pontevedra-Rayo Majadahonda
Por Redacción |
-
Xogar lonxe de Pasarón deixa de darlle medo ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Remonta o Pontevedra con dous goles de Adighibe a Las Palmas Atlético (1-2)
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra viaxa con 16 xogadores para enfrontarse o Las Palmas Atlético
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Pol Bueso, cunha microrrotura de fibras, o último en sumarse a unha enfermería que non dá tregua
Por Diego Espiño |