Xogar lonxe de Pasarón deixa de darlle medo ao Pontevedra
Por Diego Espiño
Definitivamente o Pontevedra Club de Fútbol mudou a súa cara. A falta aínda de mellorar en certos aspectos para consolidarse como aspirante á zona nobre da táboa, os granates van deixando certas pantasmas atrás.
Un deles é a debilidade que lles caracterizou as últimas campañas cando tocaba viaxar lonxe de Pasarón. Especialmente todo o que supoñía saír de Galicia era un suplicio para o Pontevedra, algo que cambiou nas últimas semanas.
Nin partidos na matinal do domingo, nin o céspede artificial nin verse por baixo no marcador no inicio do encontro supuxo un impedimento para que o equipo, primeiro con Jesús Ramos de maneira interina e despois con Carlos Pouso se confirmase como un visitante temible.
Desde a saída de Luismi o club da Boa Vila xogou catro encontros lonxe de Pasarón, co resultado de 3 vitorias (Celta B, Las Rozas e Las Palmas Atlético) e unha derrota (Peña Deportiva) no desconto cando todo apuntaba cara a un empate. En total 9 de 12 puntos posibles a domicilio que axudaron á recuperación do equipo na clasificación subindo ata a sexta praza.
Esta xeira positivs de tres triunfos en catro saídas non foi habitual nos últimos anos. Tanto é así que só se deu no tramo final da tempada 17/18 con Luismi para lograr in extremis a permanencia na Segunda B e a campaña de regreso á categoría de bronce, por aquel entón con Luisito no banco cando se encadearon ata 8 xornadas sen perder como visitante (5 vitorias e 3 empates).
Os números actuais deron de tal forma a volta á tortilla que o Pontevedra pasou de ser un dos peores equipos fóra de casa do Grupo I da Segunda B a ser o cuarto mellor (12 puntos), só superado por Atlético de Madrid B (16 puntos), Atlético Baleares (14) e Rácing de Ferrol (13).
No debe, recuperar a regularidade perdida no Estadio Municipal de Pasarón cando se actúa de local e tamén o inicio dos partidos, xa nesas tres vitorias a domicilio os granates comezaron o choque perdendo véndose obrigados a remontar.
Relacionadas:
-
Pesadelo antes do Nadal do Pontevedra na cancha do pechacancelas (4-1)
Por Manu Otero |
-
Gran partido dun Pontevedra que puido golear ao Rayo Majadahonda para terminar sufrindo (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Oportunidade de ouro para o Pontevedra na visita do Rayo Majadahonda a Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O VAR, segundo Carlos Pouso: "Si el árbitro se equivoca en contra, te jodes"
Por Diego Espiño |
-
Churre: "Mientras no me escache de todo estaré disponible para el míster"
Por Diego Espiño |
-
Xornada de solidariedade no Pontevedra-Rayo Majadahonda
Por Redacción |
-
As tarxetas amarelas, un problema para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Remonta o Pontevedra con dous goles de Adighibe a Las Palmas Atlético (1-2)
Por Ramiro Espiño |
-
Pol Bueso, cunha microrrotura de fibras, o último en sumarse a unha enfermería que non dá tregua
Por Diego Espiño |