Oportunidade de ouro para o Pontevedra na visita do Rayo Majadahonda a Pasarón
Por Diego Espiño
Data importante para o Pontevedra Club de Fútbol, que recibe este sábado (19:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón o Rayo Majadahonda, equipo que marca a fronteira do play-off e que está a catro puntos de distancia.
Os granates atópanse na última semana de competición do ano ante a oportunidade de meterse de cheo na pelexa polos catro primeiros postos. Será iso si unha semana esixente, con tres partidos en apenas 8 días entre liga e Copa antes de chegar ás vacacións de Nadal.
O primeiros deses duelos é dos marcados en vermello no calendario, xa que chega á Boa Vila un equipo recentemente descendido de Segunda e que ten como obxectivo regresar á categoría de prata.
"Aunque era un club humilde que igual en sus tiempos no se planteaba tanto lo ha conseguido, lo ha degustado, lo ha paladeado y ahora cuando te quitan ese caramelo cualquiera lo tienen que intentar", sinala Pouso sobre o seu rival, ao que ve "un muy buen equipo, de lo mejorcito de la categoría", sobre todo ao tratarse dun bloque "compensado, muy sólido en defensa, con creatividad, con ritmo de juego y que arriba tiene jugadores determinantes", recoñeceu o técnico.
Tamén o adestrador do cadro madrileño, Julián Calero, ve no Pontevedra a un "rival directo, que va a pelear por estar en la zona de arriba", e prevé "un partido complicado" para eles sumando ademais as condicións meteorolóxicas, que deixarán previsiblemente o terreo de xogo de Pasarón moi pesado.
En canto ás baixas, no último adestramento da semana, celebrado este venres en Poio, participaron con normalidade todos os integrantes do primeiro plantel pontevedrés a excepción do lesionado de longa duración Javi López. Con todo Carlos Pouso non forzará aos recentemente saídos de doenzas musculares como Santi Figueroa e Pol Bueso pensando na semana cargada de partidos que vén por diante.
O colexiado do encontro será o canario Raúl Martín González Francés.
XORNADA SOLIDARIA
Coincidindo co choque entre Pontevedra e Rayo Majadahonda levaranse a cabo dúas campañas solidarias, unha impulsada polo club pontevedrés cunha recollida solidaria de alimentos e a segunda a cargo do colectivo de afeccionados Siareirxs Granates, que habilitarán xunto a Pallota un posto de recollida de xoguetes e roupa de abrigo.
Relacionadas:
-
Gran partido dun Pontevedra que puido golear ao Rayo Majadahonda para terminar sufrindo (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O VAR, segundo Carlos Pouso: "Si el árbitro se equivoca en contra, te jodes"
Por Diego Espiño |
-
Churre: "Mientras no me escache de todo estaré disponible para el míster"
Por Diego Espiño |
-
Xornada de solidariedade no Pontevedra-Rayo Majadahonda
Por Redacción |
-
Xogar lonxe de Pasarón deixa de darlle medo ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
As tarxetas amarelas, un problema para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Remonta o Pontevedra con dous goles de Adighibe a Las Palmas Atlético (1-2)
Por Ramiro Espiño |