Tres puntos de ouro para un Pontevedra B que se impón o Beluso a domicilio (1-2)
Por Redacción
Despois de catro partidos sen coñecer a vitoria, o Pontevedra B visitou ao Beluso ao campo de As Laxes.
O conxunto granate empezou adiantándose no marcador cun gol no minuto 30 da primeira metade. Diego Lamas mandaba o balón á rede para inclinar a balanza a favor dos visitantes.
Xa na segunda parte, concretamente no minuto 56, o Beluso reaccionaba empatando o partido cun gol de Adri Estévez.
Co 1-1 no marcador e todo por decidir, chegábase aos últimos 10 minutos de partido e Vilariño decidía o partido cun gol no minuto 81 que daba a vitoria ao filial.
Con este resultado o Pontevedra B escala ata o posto 11 da clasificación, mentres que o Beluso segue no posto 16 con oito partidos perdidos.
Consulta a acta do partido Beluso-Pontevedra B na seguinte ligazón.
O Cambados recibiu esta fin de semana ao Velle no campo de Burgáns nun partido que se sentenciou na segunda metade.
Despois dunha primeira parte na que non houbo goles, o Cambados volveu do vestiario con varias revolucións por encima do seu rival e adiantouse no minuto 48. Foi Ramón o que mandou o balón á rede para poñer o 1-0 no luminoso.
Sete minutos despois, Andrés facía o mesmo e deixaba practicamente sentenciado o partido a favor dos locais.
Chegábase á recta final do partido e o empate estaba moi lonxe para o Velle. Finalmente, no minuto 89, o xogador ourensán, Martín, poñía o 2-1 cun gol de penalti.
Consulta a acta do partido Cambados-Velle na seguinte ligazón.
Dura derrota a do Vilalonga esta fin de semana na súa visita ao Mondariz, equipo situado na metade da táboa.
Empezaron adeltándose os locais cun gol no minuto 43 de Javi Prieto, que poñía o 1-0 co que se chegaría ao descanso.
Tras o intermedio, o Vilalonga empatou o partido cun gol desde os 11 metros de Javi Vila, pero de nada serviu xa que, no minuto 89, Brais Groba poñía o 2-1 para deixar os tres puntos en Mondariz.
Con esta derrota, o Vilalonga segue en segundo lugar cun punto menos que o líder Atios, que tamén perdeu.
Consulta a acta do partido Mondariz-Vilalonga na seguinte ligazón.
Mal partido disputado polo Portonovo fronte ao Cultural Areas.
Os de Vecoña desprazáronse a Ponteareas en busca da vitoria pero despois de aguantar o tipo durante os primeiros 40 minutos, chegou o primeiro gol local. Zamo batía a portería Pablo González cando se estaba a piques de chegar ao descanso.
Dous minutos despois do paso polo vestiario, Albertito afastaba aos locais no marcador cun segundo gol, pero aínda estaba todo por decidir.
Fofana metía ao Portonovo no partido cun gol no minuto 77 pero finalmente, no minuto 89 Víctor Fernández sentenciaba para o Areas.
Consulta a acta do partido Cultural Areas-Portonovo na seguinte ligazón.
Empate sen goles no partido entre o Xuventude Sanxenxo e o Juvenil de Ponteareas disputado en Baltar de Arriba este domingo.
O encontro, cheo de polémica, saldouse con seis amarelas para ambos os equipos.
Con este resultado, o Sanxenxo leva catro partidos sen coñecer a vitoria.
Consulta a acta do partido Xuventude Sanxenxo-Juvenil de Ponteareas na seguinte ligazón.
Goleada do Céltiga na súa visita ao penúltimo clasificado, o Valladares.
Grego adiantaba aos visitantes por partida dobre nos minutos 17 e 32. Cinco minutos despois, Capi deixaba practicamente sentenciado o partido mandando o balón á rede para poñer o 0-3, e acto seguido, Rober facía o mesmo e poñía o 0-4 antes de chegar ao descanso.
Tras o intermedio, chegaron uns minutos de igualdade para ambos os equipos, ata que no minuto 77, Fernando Lezcano aumentaba a diferenza para os visitantes. Xa na recta final e co partido resolvido, David Costas sentenciaba a goleada para o Céltiga e poñía o 0-6 final.
Consulta a acta do partido Valladares-Céltiga na seguinte ligazón.
O Ribadumia salva un punto cun gol no último minuto na súa visita ao Barbadás.
O primeiro gol do partido marcouno Nespereira para os de Ourense no minuto 16, para dar paso a un choque igualado no que ningún dos conxuntos encaixou ningún gol.
Parecía que o partido finalizaría con vitoria para os locais, pero no minuto 89, Tiago Miguel mandaba o balón á súa propia portería e empataba o partido a favor do Ribadumia.
Consulta a acta do partido Barbadás-Ribadumia na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B salva un punto nos últimos minutos ante o Arnoia (2-2)
Por Redacción |
-
Atracón de goles do Pontevedra B na Xunqueira contra o San Ciprián
Por Redacción |
-
O Pontevedra B non pasa do empate sen goles contra o Gran Peña na Xunqueira
Por Redacción |
-
Empates pola mínima entre Pontevedra B e Porriño (1-1), e no derbi entre Cambados e Portonovo (1-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B deixa os 3 puntos ante o Barbadás (0-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |