Positivo test para Bea Gómez en Amsterdam, rozando as medallas no 800 libre
Por Diego Espiño
Aínda queda moito camiño por diante para lograr a clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, pero Bea Gómez segue dando pasos para tentalo.
A nadadora pontevedresa participou esta fin de semana na Amsterdam Swim Cup, primeiro proba internacional da tempada válida para conseguir as mínimas olímpicas, aínda que a competición clave será como cada ano o Campionato de España Open de Primavera que esta vez se disputará en Sabadell (1 ao 5 de abril).
O test resultou positivo para a deportista do Natación Galaico, que acudiu á cita representando ao seu club sen estar incluída dentro do equipo nacional, e que rozou as medallas no último día de competición.
Bea foi cuarta na final do 800 libre cunha marca de 8:47.10, aínda lonxe da mínima que se pide nunha quenda final (8:33.36) pero nadando xa nos tempo válidos nas quendas eliminatorias (8:48.76) segundo as esixencias da Real Federación Española de Natación.
A competencia con todo será dura, e é que en Holanda os tres primeiros postos do 800 libre estiveron copados por nadadoras nacionais, empezando pola inalcanzable Mireia Belmonte (8:37.84) seguida de Jimena Pérez na segunda posición (8:39.44) e de María de Valdés na terceira (8:42.56).
En Amsterdam Bea Gómez tamén foi oitava nos 200 estilos (2:18.34) a case 6 segundos da mínima olímpica, completando a súa participación cun décimo posto nos 400 estilos (4:53.01) e un vixésimo lugar na proba de 200 libre.
Relacionadas:
-
Posta a punto para Bea Gómez no Open de Madrid
Por Redacción |
-
Rodaxe para Bea Gómez, María Vilas e Carla Goyanes no Meeting Internacional Póvoa de Varzim
Por Redacción |
-
O Club Natación Galaico brilla no Campionato Absoluto de Inverno
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Inicio de ano con concentracións nacionais para María Vilas e Carla Goyanes
Por Redacción |
-
Os equipos do Galaico cumpren o seu obxectivo e manteñen a categoría na Copa de España de Natación
Por Redacción |
-
Amsterdam, primeiro test para Bea Gómez pensando na clasificación olímpica
Por Redacción |
-
María Vilas, terceira no Río Negro Challenge e Bea Gómez roza a clasificación para a final de 400 libre en Glasgow
Por Redacción |
-
Bea Gómez finaliza en vixésimo lugar nas series de 200 estilos do Europeo de Glasgow
Por Redacción |
-
Bea Gómez debuta no Europeo de Glasgow cun décimo terceiro posto nas series de 400 estilos
Por Redacción |
-
Bea Gómez recibe en Ourense o premio á mellor deportista universitaria de 2019
Por Redacción |