Rafael Louzán estréase como membro da xunta directiva da Federación Española de Fútbol
Por Redacción
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, estreouse este luns como membro de pleno dereito da Xunta Directiva da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
Louzán 'debutou' como directivo da RFEF na Asemblea celebrada en Las Rozas, na que supón a última reunión do ano prevista polo organismo reitor do balompé nacional.
Ademais do máximo representante do fútbol galego, incorporouse na xunta directiva o presidente da Federación Aragonesa de Fútbol, Óscar Fle.
Rafael Louzán pasa a ocupar o asento do ex-presidente do Real Club Deportivo da Coruña, Tino Fernández, mentres que a outra saída da directiva foi a do presidente do RealBetis Balompié, Ángel Haro.
Relacionadas:
-
Rafael Louzán, reelixido como presidente da Real Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |
-
Técnicos de fútbol sala cítanse en Marín para actualizar os seus coñecementos
Por Redacción |
-
Rafael Louzán asume a presidencia da Unión de Federacións Deportivas Galegas
Por Redacción |
-
Directiva continuista para o segundo mandato de Rafael Louzán á fronte da Futgal
Por Redacción |
-
Louzán inicia o seu segundo mandato á fronte da Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |