Descontos do 20% no Policlínico Dental Domínguez a todos os abonados e accionistas do Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Todas aquelas persoas que sexan abonadas ou accionistas do Pontevedra CF gozarán dun desconto do 20% en todos os servizos que ofrece o Policlínico Dental Domínguez. ÿ a forma que atopou a familia Domínguez, moi vinculada históricamente co Pontevedra, para colaborar no proceso de ampliación de capital e a inminente venda de abonos para a próxima tempada.
Durante a presentación desta iniciativa, o presidente do consello de administración do Pontevedra CF, José Manuel Fernández, destacou o compromiso que a familia Domínguez tivo sempre co club, especialmente "en momentos duros y difíciles". Durante todos estes anos, "sólo han demostrado cariño al Pontevedra", dixo, e agradeceu "de todo corazón" que decidan colaborar unha vez máis co equipo.
Ademais, José Manuel Fernández sinalou que actualmente Alberto Domínguez é o médico do Pontevedra "y siempre está pendiente de todas nuestras necesidades" e recordou que os xogadores do primeiro equipo están pasando estes días o recoñecemento médico e as probas físicas nas instalacións do Centro de Rehabilitación e Fisioterapia Miguel Domínguez, "un lujo que marca una diferencia importante con otros equipos".
O responsable do Policlínico, David Domínguez, explicou que a súa familia "siempre ha estado muy ligada al Pontevedra", xa que recordou que tanto seu avó como seu pai (Miguel Domínguez) "fueron presidentes do Pontevedra" e varios dos seus tíos foron médicos do club. Yo soy socio del Pontevedra desde que nací y mi hijo que tiene cinco meses lo es antes de que lo inscribiéramos en el Registro Civil".
Tras destacar que sente "pasión" polo Pontevedra CF, indicou que "ahora toca apoyar la ampliación de capital y se me ocurrió que una forma modesta de poder ayudar era con esta iniciativa de descuentos a abonados y accionistas". Preguntado sobre se lle gustaría seguir coa tradición familiar e ser o terceiro presidente do Pontevedra na familia bromeou asegurando que "quizás algún día".