Clausuran o Estadio Municipal de Pasarón tras desprenderse varias láminas da cuberta de Preferencia
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
A borrasca 'Elsa' provocou importantes danos no Estadio Municipal de Pasarón, ata o punto de obrigar ao seu peche cautelar.
En concreto o forte vento que azoutou Pontevedra durante a noite provocou de madrugada o desprendemento de varias das planchas da cuberta da bancada de Preferencia.
"Están os técnicos evaluando o alcance dos danos, se desprenderon varias láminas da cuberta e hai outras que corren perigo de desprendemento", explicou á primeira hora da mañá o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.
Os bombeiros acudiron ao aviso de emerxencia accedendo cunha escaleira ata a cuberta para retirar outros ferros deteriorados.
Debido a esta situación o goberno local decretou a clausura da actividade do campo municipal ademais do peche da rúa Luís Otero e Leonardo Enríquez, onde caeron parte dos ferros e por onde por agora só se permitirá o paso de residentes.
Aínda que o peche non afecta de momento a nivel deportivo, xa que o Pontevedra Club de Fútbol non volverá xogar no seu estadio ata o día 4 de xaneiro, deberá asegurarse a seguridade antes desa data para non afectar aos próximos compromisos deportivos previstos na instalación.
Neste aspecto, a concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, explicou que "xa contratamos por emerxencia os traballos de revisión da cuberta" e unha vez se concreten os danos producidos pola borrasca, está previsto que se actúe mediante unha obra de urxencia para tentar solucionar o problema canto antes.
Relacionadas:
-
O arranxo da cuberta de Pasarón durará dous meses "como máximo"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O Umia espera a "Fabien" fóra de si
Por Oskar Viéitez |
-
A reparación da cuberta de Pasarón farase pola vía de urxencia e custará 35.000 euros
Por Redacción |
-
Suspendidas as actividades deportivas ao aire libre este sábado 21 pola alerta meteorolóxica
Por Diego Espiño |
-
Daniel, o afeccionado do Ibiza que percorreu 1.100 quilómetros para estar en Pasarón... e que se suspendese o partido
Por Diego Espiño |
-
Desaloxado o colexio Sequelo de Marín polas incidencias da borrasca Elsa
Por Redacción |
-
Unha noite de rúas e garaxes asolagados por toda a cidade e dúas horas en alerta total
Por Redacción |
-
A borrasca "Elsa" deixa unha chea de incidencias
Por Oskar Viéitez |
-
Suspendido pola choiva aos 16 minutos o Pontevedra-Ibiza de Copa do Rey (0-0)
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |