O piragüismo galego despide o ano repartindo premios
Por Redacción
O piragüismo galego reuniuse na tarde do venres en Pontevedra para celebrar a tradicional gala anual na que se premia aos mellores deportistas, técnicos, clubs e árbitros da tempada. Ademais dos protagonistas deste deporte, no acto estiveron tamén presentes representantes de institucións e profesionais de diversos ámbitos relacionados co piragüismo.
A campaña NON contra a violencia machista levada a cabo pola Xunta de Galicia recibiu este ano o premio ao mellor patrocinio, que o recolleu Susana López Abella, a secretaria xeral de Igualdade, baixo a mirada do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o alcalde de Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores; e o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea; quen tamén asistiron á gala.
Entre os deportistas recoñecidos estaban Tania Fernández, Tania Álvarez, Tono Campos e Carlos Arévalo como mellores deportistas do ano. Teresa Portela recibiu o premio especial da xunta directiva pola súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio, que supoñerá a súa sexta participación olímpica.
A elevada participación das ligas galegas de augas bravas, kaiak de mar ou kaiak polo tamén motivaron a concesión dun premio, así como ao mellor adestrador, mellor club, mellor árbitro ou mellor fotógrafo.
Relacionadas:
-
O Breogán do Grove e o Piragüismo Verducido, vencedores do Trofeo Rías Baixas
Por Redacción |
-
A Federación Española de Piragüismo galardoa a Tono Campos pola súa exitosa tempada
Por Redacción |
-
O asturiano Kiko Vega, protagonista na sexta A Lanzada Ocean Race
Por Redacción |
-
A ría de Pontevedra será referencia en deportes náuticos en 2020
Por Oskar Viéitez |
-
Tono Campos, distinguido como mellor deportista masculino nos Premios Deporte Galego
Por Redacción |