Os equipos do Galaico cumpren o seu obxectivo e manteñen a categoría na Copa de España de Natación
Por Redacción
Misión cumprida para o Club Natación Galaico na Copa de España de Clubs, ao conseguir os seus equipos a permanencia nas súas respectivas categorías.
Ata Barcelona desprazouse o conxunto feminino, na Primeira División, conseguindo un quinto posto a que lle garante continuar a próxima campaña nesta categoría. As pontevedresas sumaron 375 puntos, lonxe das prazas de ascenso que foron para CN Barcelona (525 puntos) e CN Palma (487), pero con marxe suficiente para non pasar apuros entre os 8 equipos participantes.
A convocatoria do Galaico para esta cita estivo composta por Bea Gómez, María Vilas, Carla Goyanes, Alicia Bouzas, Paula Goyanes, Antía García, Clara Otero, Nayara Fernández e Laura Cano, conseguindo resultados destacados como as vitorias de Bea Gómez no 200 libre e 200 estilos e de María Vilas nos 400 estilos e o 800 libre, ou o terceiro lugar de Carla Goyanes nos 400 estilos e de Antía García na 50 bolboreta.
Pola súa banda o bloque masculino do club pontevedrés competiu na xornada de Segunda División que se celebrou en Madrid, logrando un notable cuarto posto entre os 16 equipos participantes.
O Galaico mantivo aquí sobradamente a categoría con 847 puntos, sendo o ascenso para CN Alcalá (1.084 puntos) e para CN Sant Feliu (1.057 puntos).
Representaron ao Galaico na cita Cristian Fernández, Jacobus Van Deursen, Juan David Hernández, Cibrán Leal, Daniel Sánchez, Pablo García, Pablo Martín, Bruno Rey, Pablo Juncal, Jacobo Ucha, Marc Ciurana e Tomás Bouzas.
Relacionadas:
-
Rodaxe para Bea Gómez, María Vilas e Carla Goyanes no Meeting Internacional Póvoa de Varzim
Por Redacción |
-
O CN Galaico é campión galego absoluto
Por Redacción |
-
O Club Natación Galaico brilla no Campionato Absoluto de Inverno
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Inicio de ano con concentracións nacionais para María Vilas e Carla Goyanes
Por Redacción |
-
Pleno do Natación Galaico no Campionato Galego de Longa Distancia
Por Redacción |
-
Positivo test para Bea Gómez en Amsterdam, rozando as medallas no 800 libre
Por Diego Espiño |
-
María Vilas, terceira no Río Negro Challenge e Bea Gómez roza a clasificación para a final de 400 libre en Glasgow
Por Redacción |