Mínimas por Nadal na Sociedad Gimnástica
Por Redacción
A actividade non para na Sociedad Gimnástica na parte final do ano, e os seus atletas seguen presentes en diversas competicións.
Unha desas citas foi o Trofeo de Nadal celebrado en Lugo a fin de semana, un evento no que Cristina Garrido e Lucía Ferrer fixeron os deberes conseguindo senllas marcas mínimas.
Garrido logrou o pasaporte ao Campionato de España Sub-20 de Pista Cuberta ao lograr un rexistro de 7.96 segundos nos 60 metros lisos que ademais supón a súa mellor marca persoal.
Pola súa banda Lucía Ferrer parou o crono en 9.40 segundos nos 60 metros valas, o que supón a mínima para o Campionato de España Sub-23 de Pista Cuberta.
Non correu tanta sorte o seu compañeiro de equipo Raúl Cortizo, que rozou as mínimas en salto de altura e lonxitude.
Si conseguiu a súa clasificación para o Nacional Sub-23, nos 60 metros lisos, Claudia Torres, competindo aínda coa camiseta do Ría de Ferrol. A velocista é unha das incorporacións da Gimnástica para a nova tempada, club ao que representará a partir do próximo 1 de xaneiro.
Relacionadas:
-
A Sociedad Gimnástica faise coa Copa Galega de clubs
Por Redacción |
-
Festival atlético para dar a benvida ao Nadal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Antía Chamosa, principal reforzo dos equipos da Gimnástica para a nova tempada
Por Redacción |
-
Daniel Chamosa, dominador do Campionato Galego de Marcha
Por Redacción |