Inicio de ano con concentracións nacionais para María Vilas e Carla Goyanes
Por Redacción
O ano 2020 empezará para a pontevedresa Carla Goyanes e a ribeirense María Vilas cunha concentración de adestramento de augas abertas na que ir afinando a súa preparación para os grandes obxectivos da tempada.
Vilas está citada o 2 de xaneiro para iniciar un 'stage' de preparación que terá lugar en Lanzarote ata o día 18, e onde o obxectivo será preparar o preolímpico no que tentarán conseguir o billete para Tokyo 2020.
Xunto á nadadora do Galaico compoñen o equipo nacional para esta cita Paula Ruiz (CN Mairena Aljarafe), María Claro (CN Mairena Aljarafe), Alba Vázquez (CN Colombino) e Paula Juste (CN Lleida), coa asistencia técnica entre outros do adestrador do CGTD de Pontevedra, Fernando Zarzosa.
Pola súa banda Carla Goyanes foi convocada polo equipo nacional de promoción de natación en augas abertas para unha concentración en altura que terá lugar no Centro de Alto Rendemento (CAR) de Sierra Nevada, en Granada.
En concreto Goyanes incorporarase o venres 3 de xaneiro, case sen tempo tamén de dixerir as uvas de fin de ano, e permanecerá no CAR andaluz ata o día 25 de xaneiro.
Xunto á deportistapontevedresa participarán na concentración Laura Rodríguez (CN Barcelona), Aroa Silva (CN Santa Olaya), Enrique Gutiérrez (AD Manuel Llaneza), Ángel De Oña (CDN Inacua Málaga), Pol Yagües (CN Sabadell) e Guillem Pujol (CN Mataró).
Relacionadas:
-
María Vilas despídese das súas opcións olímpicas en augas abertas
Por Redacción |
-
A Etapa Final da Copa de España de Natación en Augas Abertas disputarase no encoro de Pontillón do Castro
Por Diego Espiño |
-
Rodaxe para Bea Gómez, María Vilas e Carla Goyanes no Meeting Internacional Póvoa de Varzim
Por Redacción |
-
O Club Natación Galaico brilla no Campionato Absoluto de Inverno
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Os equipos do Galaico cumpren o seu obxectivo e manteñen a categoría na Copa de España de Natación
Por Redacción |
-
Pleno do Natación Galaico no Campionato Galego de Longa Distancia
Por Redacción |
-
Positivo test para Bea Gómez en Amsterdam, rozando as medallas no 800 libre
Por Diego Espiño |
-
María Vilas, terceira no Río Negro Challenge e Bea Gómez roza a clasificación para a final de 400 libre en Glasgow
Por Redacción |