Cisne e Vitaldent Pontevedra veranse as caras nunha Primeira Nacional de balonmán íntegramente galega
Por Alejandro Espiño
A reestructuración do balonmano español, aínda non concluída trala desaparición do Atlético de Madrid e a oferta ao Academia Octavio para que se incorpore a ASOBAL, afectou de cheo á Primeira Nacional. Trala última asemblea da Federación Española de Balonmano acordouse que a categoría de bronce estaría composta por seis grupos de catorce equipos, dous grupos máis que este ano. En total, 84 equipos.
A ampliación da Primeira Nacional tivo un efecto notable no resto das categorías inferiores, tamén en Galicia. Tanto que o grupo A de esta Primeira Nacional estará composto íntegramente por equipos galegos. O Cisne estará acompañado pois por outros trece equipos galaicos, entre eles, outro da cidade, o Vitaldent Pontevedra, que tras quedarse ás portas do ascenso foi invitado a xogar na categoría.
Ademais do Vitaldent Pontevedra e o ascenso deportivo da SAR de Redondela, a Federación Española de Balonmano decidiu recuperar aos dous equipos descendidos esta tempada, o Bueu Atlético e o Cangas B. Pero con eles non chegaba para cubrir o grupo, así que invitou a outros tres equipos de Segunda Nacional: o Pabellón de Ourense, o Ártabro Legea Sports da Coruña e o Granitos Ibéricos Carballal de Vigo.
Desta forma, o grupo A de a Primeira Nacional estará composto polo Cisne Balonmano, Vitaldent Balonmán Pontevedra, Conslar OAR Coruña, Calvo Xiria, Balonmano Lalín, Las Cinco Jotas Lavadores, Magope Seis do Nadal-Coia, Cangas B, Bueu Atlético, Mecalia Atlético Novás, S.A.R Plastic Omnium, Balonmano Ártabro Legea Sports, Balonmano Pabellón e Granitos Ibéricos Carballal de Vigo.
Fóra desta remodelada Primeira Nacional quédanse outros equipos que, segundo Faro de Vigo, terían mostrado o seu interese por unha destas prazas, como o Rasoeiro de O Grove, o Poio Artai ou o Viña Costeira de Ribadavia. Pero os tres incumplían a normativa da Federación con respecto ás categorías de base, polo que non puideron ser invitados a participar na categoría de bronce do balonmano español.
Todos estes equipos deberán remitir a información relativa á súa inscripción antes do próximo venres 19 de xullo. Días despois agárdase que haxa una confirmación oficial por parte da Federación Española de Balonmano da composición dos grupos da Primeira Nacional para a tempada 2013-2014.