O Breogán do Grove e o Piragüismo Verducido, vencedores do Trofeo Rías Baixas
Por Redacción
A pista de piragüismo do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, foi escenario este sábado do V Trofeo Rías Baixas, unha competición que pecha o ano 2019 e dá comezo á tempada 2020.
Na instalación pontevedresa déronse cita ao redor de 250 deportistas nun trofeo que se disputaba na distancia de 3.000 metros.
O Club Breogán do Grove logrou o triunfo na clasificación por equipos das categorías sénior e xuvenil ao sumar un total de 186 puntos, seguido do con 155 puntos da E.P. Ciudad de Pontevedra e do Club Kayak Tudense con 143 puntos, segundo e terceiro respectivamente.
Polo que respecta á clasificación de Novas Promesas a vitoria foi para o Piragüismo Verducido con 217 puntos, seguido moi de preto polo Breogán do Grove con 216 puntos, sendo terceiro o Piragüismo Poio con 160 puntos.
A nivel individual, as vitorias máis destacadas foron as de Antonio Palmás do Piragüismo Vilaboa e Lara Feijoo e K1 sénior, mentres que Noel Domínguez do Breogán e Raquel Dacosta do Piragüismo Rías Baixas foron os vencedores en C1 sénior.