O Club Natación Galaico brilla no Campionato Absoluto de Inverno
Por Almu Dapena & Diego Torrado
A piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur acolleu esta fin de semana o Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno Open.
Desde o sábado 28, máis de 300 nadadores e nadadoras da elite da natación galega, entre eles 16 do Club Natación Galaico, déronse cita na piscina para participar nun campionato que poñerá o seu punto e final o luns 30.
Na primeira xornada de competición, o equipo feminino do Galaico finalizou en primeira posición con 206 puntos grazas aos bos resultados obtidos polas súas nadadoras.
En 50 metros libre, Antía García finalizou en segundo lugar cun tempo de 26.33, mentres que Bea Gómez bateu o récord da competición en 400 libre cun tempo de 4:10.82.
En 50 metros braza, Laura Cano (35.70) obtiña un sétimo posto, mentres que Carla Goyanes dous terceiros postos. O primeiro en 200 estilos (2:21.20) e o segundo en 200 costas (2:18.75), quedando por diante da súa compañeira de equipo, Alicia Bouzas, que finalizou en quinto lugar (2:22.43).
Pola súa banda, María Vilas fíxose coa primeira posición en 100 metros bolboreta cun tempo de 1:02.12, repetindo posición na final contra reloxo con con as súas compañeiras Carla Goyanes, Alicia Bouzas e Bea Gómez en 4x200 metros libre (8:19.09).
En canto ao equipo masculino, Jacobo Ucha (24.13) e Bruno Rey (4:01.95), finalizaban en quinta posición en 50 libre e 400 libre respectivamente, mentres que Juan Hernández (30.54) finalizaba sexto e Cibrán Leal sétimo (30.63) en 50 metros braza.
Marc Ciurana (2:07.73) e Daniel Sánchez (2:08.74) tamén quedaban en sexto e sétimo lugar, esta vez en 200 estilos. Alexandre Lages obtivo un terceiro posto en 100 bolboreta (58.85).
Na final contra reloxo 4x200 metros libre Pablo Juncal, Marc Ciurana, Daniel Sánchez e Bruno Rey lograron unha segunda posición finalizando cun tempo de 7:41.90.
Na segunda e penúltima xornada celebrada este domingo, as nadadoras do Galaico volveron brillar.
En 50 metros bolboreta liderou o podio Antía García, que obtivo o récord galego cun tempo de 27.94, seguida de Bea Gómez (28.70) que chegou en terceiro lugar. Así mesmo, Gómez finalizou en 2:31.29 a proba de 200 metros braza, tempo que lle permitiu lograr o ouro nesa modalidade.
Pola súa banda, en 400 estilos volveu haber dobre podio do equipo pontevedrés. En primeira posición chegou María Vilas (4:42.52) que repetiu ouro en 800 libre (8:36.85), mentres que Carla Goyanes (4:59.14) acababa en terceira posición na primeira proba.
En 200 metros libres, Alicia Bouzas quedou ás portas do podio chegando en cuarta posición cun tempo de 2:08.46, con todo, obtivo o bronce en 800 libre (9:05.68). Non tivo tanta fortuna Paula Goyanes, que chegou en oitava posición en 100 metros costas (1:07.98).
Pola súa banda, en canto aos representatnes masculinos Daniel Sánchez chegaba en primeiro lugar en 100 metros costas cun tempo de 55.79.
En 400 estilos, Marc Ciurana case sobe ao podio pero tívose que conformar cunha cuarta posición (4:33.04), que quedou solapada pola medalla de bronce obtida en 200 braza (2:22.70).
En 100 metros libres Jacobo Ucha foi sexto (53.23) e Tomás Bouzas sétimo (53.35), mentres que en 1500 libre, Bruno Rey acababa nun tempo de 16:17.66 1500 libre e sexto lugar.
En canto á proba por equipos 4x100 metros libre, todos os equipos do Galaico finalizaron en primeira posición. En canto a eles, Bruno Rey, Daniel Sánchez, Tomás Bouzas e Jacobo Ucha finalizaron cun tempo de 3:29.13, mintas que Antía García, Bea Gómez, Carla Goyanes e María Vidal chegaron en 3:52.31. Así mesmo, na proba mixta, Daniel Sánchez, Bea Gómez, Juan Hernández e Antía García acabaron cun tempo de 1:49.72.
Relacionadas:
-
O Galaico volve aos adestramentos no Pontillón
Por Manu Otero |
-
Posta a punto para Bea Gómez no Open de Madrid
Por Redacción |
-
O CN Galaico é campión galego absoluto
Por Redacción |
-
Inicio de ano con concentracións nacionais para María Vilas e Carla Goyanes
Por Redacción |
-
Os equipos do Galaico cumpren o seu obxectivo e manteñen a categoría na Copa de España de Natación
Por Redacción |
-
Pleno do Natación Galaico no Campionato Galego de Longa Distancia
Por Redacción |
-
Positivo test para Bea Gómez en Amsterdam, rozando as medallas no 800 libre
Por Diego Espiño |