Éxito de participación na XI edición da San Silvestre Subida a Castro
Por Redacción & Diego Torrado
Un ano máis, Marín despide o ano ao grande coa celebración do Circuíto Primitivo Simón e da XI San Silvestre Subida a Castro.
Esta intensa xornada deportiva deu comezo o sábado 28 de decembro coa segunda xornada do Circuito Primitivo Simón de Atletismo no Estadio Municipal de San Pedro e organizado polo Concello de Marín e o Club Rías Baixas.
Pola súa banda, o domingo celebrouse a undécima edición da San Silvestre, con punto de partida no alto de Castro. Comezou coa carreira de sete quilómetros dos adultos, para posteriormente iniciar a V andaina 'Marabillas na casa'. A continuación, ao redor das 11:45 chegou a quenda dos máis pequenos que tiveron a súa propia carreira.
Como broche de ouro á celebración, paralelamente á proba deportiva celebrouse o VII concurso de tortillas e degustación de callos para todos os afeccionados que se achegaron a presenciar a carreira.
Relacionadas:
-
Marín combinará sendeirismo e feminismo no seu clásico roteiro dos montes e praias
Por Redacción |
-
Os marinenses seguen sendo fieis á súa tradicional Subida a Castro de fin de ano
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A décima San Silvestre pechará o ano deportivo en Marín
Por Redacción |
-
A San Silvestre Subida a Castro consolídase con máis dun cento de participantes
Por Diego Torrado |