Chamamento do Pontevedra CF aos seus socios: "en momentos difíciles es cuando se ve el compromiso de la gente"
Por Alejandro Espiño
Parte de ti, parte de todos. ÿ o lema escollido polo Pontevedra CF para a campaña de abonos para a tempada 2013-2014. Con ela, o club quere apelar ao sentimento granate dos pontevedreses. Unha campaña, segundo o presidente do Consello de Administración, José Manuel Fernández, "dirigida al corazón del que se siente parte de esta entidad". A todos eles recórdalles que o Pontevedra "es algo nuestro" e con ese apoio popular "seremos mejores".
José Manuel Fernández sinalou que "en momentos difíciles es cuando se ve el compromiso de la gente" e mostrou a súa esperanza de que todos aqueles abonados do Pontevedra CF, 2.200 segundo os datos aportados este mércores polo club, "sigan confiando en la entidad". Eles son, explicou, unha parte moi importante da "sostenibilidad económica" do equipo e un "apoyo vital" para os xogadores nos partidos que se xogan en casa.
"No valen excusas o apelar a cuestiones que están al margen de la entidad", afirmou o presidente do Consello de Administración, quen fixo un chamamento á afección para que manteñan o seu apoio ao equipo independentemente de quen estea á fronte do club porque "las personas pasamos y nos vamos, pero la entidad permanece y es un bien de todos, porque aunque haya unos accionistas, el Pontevedra es de sus socios".
Os prezos dos abonos, que segundo o club vense reducidos nun 20% con respecto á tempada pasada, son os seguintes:
SENIOR | XUBILADO | BONIFICADO | PEÿAS | XUVENIL | INFANTIL | BABY | |
TRIBUNA | 175 | 90 | 80 | 50 | 35 | 10 | |
PREFERENCIA | 125 | 70 | 60 | 45 | 30 | 10 | |
F. NORTE | 65 | 60 | 50 | 60 | 40 | 25 | 10 |
F.SUR | 65 | 60 | 50 | 60 | 40 | 25 | 10 |
PALCO | 600 |
A novidade, ademais da redución de prezos, está na creación dunha grada nova. Estará situada na parte inferior do Fondo Sur e nela poderán situarse os menores de 17 anos, pagando tan só 20 euros durante toda a tempada. Trátase que desde alí "den un empuje importante al equipo en el campo" e desde o Pontevedra CF vese tamén como unha oportunidade para "fidelizar a la afición más joven que son el futuro del club".
Ademais, José Manuel Fernández destacou que o Pontevedra CF rebaixará tamén o prezo das entradas soltas para cada partido. Aínda que non quixo dar moitos detalles, adiantou que as localidades máis baratas, as dos fondos, pasarán a custar oito euros por partido, fronte aos 10 do resto de campos de Terceira, sinalou. "O Pontevedra terá os prezos máis baratos de toda a Terceira División", afirmou o presidente.
LAMENTA AS CRITICAS AO CONSELLO
"No apoyar al equipo porque al frente esté una u otra persona es una memez", di José Manuel Fernández
Concluída a presentación da campaña, José Manuel Fernández aumentou o ton da crítica ante a falta de implicación de certos sectores da afección granate. Reiterou que os donos do club "son Cholo (o ex xogador granate e presidente de honor da entidade, que lle acompañaba na rolda de prensa) y gente como él, abonados desde hace años". E asegurou que "no apoyar al equipo porque al frente esté una u otra persona es una memez".
O presidente do Consello de Administración cre que ese tipo de comportamentos "no me hacen daño a mí, hacen daño a la entidad" e destacou o esforzo realizado polo club por manter "por primera vez en muchos años" a estrutura deportiva da tempada anterior "con jugadores de aquí y comprometidos con el equipo". Por iso pediu ter "altura de miras", xa que afirmou que "los fracasos y los aciertos son de todos".
Con respecto ao proceso de ampliación de capital, José Manuel Fernández recoñeceu que, dous días antes de que termine o prazo, tan só subscribíronse 18.000 dos 400.000 euros previstos. Un dato do que lle doe que "haya gente que se alegre". A eles cualificounos como "tontos de remate" por alegrarse, dixo, "de las desgracias del Pontevedra" e animounos a que se saben de empresarios que queiran comprar títulos a un accionista maioritario, como recoñecía Alberto Argibay na presentación de Acción Granate 50+1, "los dirijan al mercado abierto de acciones en la ampliación de capital, porque será bueno para todos".