A base do fútbol galego lócese en Cotobade
Por Redacción
O campo de fútbol das Extremas, en Cerdedo-Cotobade, acolleu esta fin de semana un campionato de fútbol base no que participaron 24 equipos de Pontevedra, A Coruña e Ourense. Esta segunda edición do Torneo Cup de Nadal celebrouse en dúas xornadas con equipos de categorías benxamín e alevín.
Durante os dous dias de competición houbo tempo para que os 360 nenas e nenos participantes demostrasen diante dunhas bancadas repletas de familiares todas as súas habilidades.
Pero o ton divertido e distendido da fin de semana reinou sobre o competitivo.