O Peixe Galego visita ao Palencia con todo o seu arsenal
Por Manu Otero
O Marín Ence Peixe Galego non tira a toalla. Os de Javi Llorente xa saben o que é gañar fóra de casa, fixérono hai quince dias en Castellón, e queren repetilo este venres, a partir das 21 horas, en Palencia. Para logralo o técnico azul conta con todas as súas armas. "Temos a todos os xogadores dispoñibles salvo problemas de última hora".
Coa rotación máis ampla de toda a tempada, o corpo técnico pon o foco en contrarrestar o perigoso xogo exterior do Palencia para regresar a Marín coa terceira vitoria da competición debaixo do brazo despois do fracaso da semana pasada na que caeron contra o Oviedo. "Tememos todo deles. é o equipo con máis puntos, todos os xogadores teñen moi boa man, unha rotacion moi longa e os dous interiores son unha referencia na categoría", destaca Llorente.
O feito de que chegan nunha dinámica negativa, con tres derrotas consecutivas, tampouco relaxa ao preparador peixiño. "Iso fai que neste partido sexa un equipo aínda máis dificil", asegura.
A clave do partido para o conxunto de Marín pasa polo seu acerto de fronte ao aro e "logo facer as cousas perfectas porque vimos dun partido no que non estivemos ben e si que o estabamos nos anteriores", sinala Llorente, quen admite que "é normal ter altibaixos" pero pide aos seus un esforzo para "recuperar a intensidade defensiva".
Relacionadas:
-
Filip Toncinic deixa o Peixe e chega Sangone Niang
Por Manu Otero |
-
O Palencia cómese ao Peixe Galego (90-58)
Por Manu Otero |
-
Amargo peche de 2019 para o Peixe Galego con derrota ante o Oviedo (53-73)
Por Almu Dapena |
-
A Liga LEB Ouro non para por Nadal para o Peixe Galego, que recibe na Raña o Oviedo
Por Redacción |
-
Agasallo de Nadal en forma de vitoria para o Peixe Galego (80-89)
Por Manu Otero |