O Pontevedra B salva un punto nos últimos minutos ante o Arnoia (2-2)
Por Redacción
Despois do parón do Nadal, os equipos de Preferente volveron á competición.
No duelo entre o Pontevedra B e o Arnoia, houbo unha cara e unha cruz. A primeira parte foi do equipo visitante, mentres que a segunda foi dos granates que foron capaces de remontar dous goles en contra para finalmente acabar 2-2.
Rober foi o primeiro en inaugurar o marcador cun gol que chegou no minuto 7, e 20 despois, Oli marcaba o segundo do Arnoia que encamiñaba o que parecía unha vitoria visitante.
Xa na segunda metade, o Pontevedra saíu con máis intensidade que o seu rival e aos 10 minutos, Vilariño recortaba distancias e poñía o 1-2 no luminoso.
Alcanzábase a recta final. Quedaban só 5 minutos e o filial granate non paraba de buscar un empate que chegou no minuto 86 por medio de Brais que se encargou de bater ao porteiro visitante e poñer o 2-2 final e con el, salvar un valioso punto.
Consulta a acta do Pontevedra B-Arnoia na seguinte ligazón.
O derbi entre o Xuventude Sanxenxo e o Portonovo disputado en Baltar saldouse con vitoria local por 3 goles a 1.
O primeiro gol do partido chegou pronto. Aos 7 minutos Emilio adiantaba ao Sanxenxo e poñía o 1-0 no luminoso. Con todo, pouco antes de chegar ao descanso, o colexiado pitaba un penalti a favor dos visitantes que se encargou de transformar Migui para poñer a igualada.
Co 1-1 comezaba a segunda metade. Os equipos saltaban ao campo, pero as ideas máis claras tíñaas o Sanxenxo, que no minuto 70 volvía poñerse por diante cun gol de Currais.
O partido estaba a chegar ao seu fin, e o árbitro volveu pitar a pena máxima, esta vez a favor do Sanxenxo. Alex Barbeito batía ao porteiro do Portonovo para sentenciar o partido.
Consulta a acta do Xuventude Sanxenxo-Portonovo na seguinte ligazón.
O regreso do Ribadumia non puido ser mellor. No seu desprazamento a San Ciprián, o conxunto de Luis Carro volveu a casa cos tres puntos despois de golear ao seu rival por 1-4 nun partido no que o primeiro gol tardou en chegar 35 minutos.
Jorge foi o encargado de abrir a lata e poñer o 1-0 no luminoso, adiantando aos locais, aos que pouco lles duraría a alegría, pois cinco minutos despois, Fran Matos poñía a igualada e cando o árbitro estaba a piques de mandar o encontro ao descanso, Fran Fandiño facía o 1-2.
Tras o paso polo vestiario, Fran Matos volvía ser protagonista. Nada máis comezar a segunda metade, o xogador do Ribadumia marcaba o seu segundo gol e terceiro para os visitantes. Co Ribadumia cómodo sobre o céspede e co partido encarrilado, chegaba o último cuarto de hora.
Cumpríase o minuto 75 e chegaba o 1-4. Hugo Soto mandaba o balón á rede local e sentenciaba o encontro que deixaba ao Ribadumia como líder provisional á espera da disputa do Valladares-Atios, que finalizou con victoria visitante por 0-2.
Consulta a acta do San Ciprián-Ribadumia na seguinte ligazón.
Despois de dous partidos sen coñecer a vitoria, o Vilalonga regresou á competición para vencer ao Moaña pola mínima.
Aos 15 minutos de xogo, Héctor lograba o único gol do encontro que permite aos de San Pedro sumar 3 valiosos puntos e seguir terceiros.
Consulta a acta do Moaña-Vilalonga na seguinte ligazón.
Repartición de puntos entre o Juventud Cambados e o Beluso no partido disputado esta fin de semana en Burgáns.
Ningún dos dous equipos foi capaz de bater a portería rival polo que o encontro finalizou nun empate sen goles. Con este resultado, o Cambados sitúase no posto 13 empatado a 25 puntos co Moaña, mentres que o Beluso está de 16, igualado a 20 puuntos co Velle.
Consulta a acta do Juventud Cambados-Beluso na seguinte ligazón.
Pola súa banda, o Céltiga (sexto clasificado) desprazouse a Vigo para enfrontarse á Gran Peña, equipo situado pola zona baixa da táboa.
O equipo da Illa cedeu os tres puntos ao seu rival que marcou o primeiro gol do partido a poucos minutos de chegar ao descanso. Foi Iván Serra o que inaugurou o marcador para poñer por diante aos locais.
Despois do descanso, o Céltiga non puido facer nada para dar a volta ao marcador, con todo, a Gran Peña conseguiu sentenciar cun gol de Juan cando o partido estaba case concluido.
Relacionadas:
-
O Céltiga asalta A Xunqueira e derrota o Pontevedra B na súa casa (0-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Ribadumia leva o derbi ante o Céltiga (0-1) e o Pontevedra B vence ao Cambados a domicilio (1-3)
Por Redacción |
-
Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción |
-
Atracón de goles do Pontevedra B na Xunqueira contra o San Ciprián
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para un Pontevedra B que se impón o Beluso a domicilio (1-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B non pasa do empate sen goles contra o Gran Peña na Xunqueira
Por Redacción |