O Torneo de Reis de atletismo celebra a súa segunda edición e dedícaa a refuxiados e inmigrantes
Por Redacción & Diego Torrado
Por segundo ano consecutivo, o Torneo de Reis inaugurou a tempada de atletismo en Pontevedra, esta vez dedicado aos refuxiados e inmigrantes.
Uns 500 atletas de toda Galicia reuníronse este domingo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva para celebrar a segunda edición deste evento organizado polo Club Atletismo Rías Baixas.
A celebración comezou ás 10:15 horas cun espectáculo de relevos 4x400 marcha mixto de nivel internacional, para posteriormente dar paso ás categorías base competidoras e ás atletas internacionais Olaia Beceril, de santo de lonxitude, e a Irene Gómez, de lanzamento de martelo.
Antes da finalización do torneo, ao redor das 11:45 horas chegou o momento máis esperado, a chegada dos Reis Magos á pista de atletismo, que se encargaron de facer entrega dunha cesta de Nadal a Smail Badi, atleta de orixe marroquí do Rías Baixas.
Pola súa banda, como premio aos vencedores, os organizadores do torneo outorgaron rosca de reis e agasallos dos patrocinadores.