O TM Monte Porreiro regresa á competición con derrota fronte ao Borges Vall (4-0)
Por Redacción
Primeira xornada do ano de Superdivisión Masculina de Tenis de Mesa despois do parón do Nadal, na que o TM Monte Porreiro desprazouse a Lleida para enfrontarse ao segundo clasificado, o Borges Vall. O conxunto pontevedrés, que comezou gañando o primeiro xogo do partido, non puido facer nada para levar a vitoria e finalmente caeu por un contundente 4-0.
Os primeiros en saltar á cancha foron Elsayed Ahmed e o xogador do Monte Porreiro, Guillermo Martínez que, a pesar de derrotar a xogador local no xogo inicial por 2-11, terminou cedendo os tres seguintes (3-1).
Co 1-0, chegou a quenda de Joan Masip e Betancor, que puxo contra as cordas ao catalán para levar o partido ata un quinto xogo moi igualado que finalmente acabou caendo a favor dos locais (3-2).
No terceiro cruzamento, Pedro Fernández perdeu por 3-0 ante Marc Durán, e deixaban paso de novo a Elsayed Ahmed e Betancor, que se enfrontaban nun duelo no que o xogador do Visit levou o primeiro e terceiro xogo, mintas que o catalán gañaba o segundo e o cuarto. Co 2-2 no luminoso, chegouse a un quinto xogo que acabou levándose o xogador local para poñer o 4-0 no marcador final.
Consulta a acta do Borges Vall- Visit Pontevedra.