O Poio Pescamar cede na segunda metade e cae no derbi contra o Burela (3-5)
Por Almu Dapena & Diego Torrado
Tras a vitoria en Copa da Raíña a pasada fin de semana ante o Ourense Envialia, o Poio Pescamar regresaba ao campo da Seca para dar comezo á segunda volta da competición ligueira co derbi galego fronte ao Burela. O partido, que comezou de fronte para as rojillas, finalmente decantouse a favor das de Lugo que se mostraron superiores na segunda metade.
O partido comezou de forma intensa por parte de ambos os conxuntos e conseguindo as primeiras oportunidades nos primeiros minutos. Dani Sousa para o Poio, e Peque para o Burela, foron as encargadas de poñer a proba ás gardametas.
Aos seis minutos de partido, chegaba a primeira ocasión clara para as visitantes. Luci enviaba un balón de cabeza ao segundo pau que da mesma maneira sacaba Carol de debaixo da portería e enviaba a córner. O Burela tentouno pero o esférico terminou en mans de Caridad, que enviou o balón a Carol e nunha rápida transición deixaba o balón a Anna Escribano que se encargaba de mandar o balón á rede e poñer o 1-0 no luminoso.
A partir de aí, o partido volveuse máis tranquilo pero con máis ocasións para o Burela. Desta maneira, chegou o gol do empate. A ex vermella, Jenny Lores, aproveitou un centro que Peque enviou ao segundo pau e mandou o balón á rede.
Despois do gol, o Poio volveu reaccionar e, nun saque de esquina botado por Iria Saeta, Carol enganchaba o esférico cunha bolea afastada que superaba por arriba a Ana Romero e así volver poñer ás locais por diante. Co 2-1 no luminoso, e a falta de minuto e medio para o descanso, o Burela empataba de novo. Cilene realizaba unha gran xogada persoal regateando a dúas xogadoras locais e disparaba para superar por alto a Caridad.
Co 2-2, as de Lugo empezaron a facerse co control do balón e conseguir as ocasións máis claras, pero non foi ata pouco antes da metade da segunda parte cando conseguiron remontar. Bea Mateos recibía un envío longo de Dany Domingos e realizaba un potente disparo desde a frontal onde nada puido facer a porteira local.
O gol fixo dano ao Poio que se precipitaba enviando balóns longos que non chegaban ao seu destino, mentres que o Burela facíase máis forte e daba a volta ao marcador anotando o 2-4 por mediación de Lara Balseiro.
Con todo perdido, Raúl Jiménez optou polo xogo de cinco e foi así como o Poio conseguiu recortar distancias. Iria Saeta, que se converteu en porteira xogadora, enviou o balón a Dani Sousa que se encargou de poñer o 3-4. Con todo, a menos de dous minutos para a conclusión, a porteira do Burela, Jozi, anotaba o 3-5 final con disparo desde a súa propia portería.
POIO PESCAMAR (3): Caridad; Dani Sousa, Irene, Mirian Ruiz e Clara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Carol, Anna Escribano, Iria Saeta e Ana Rivera.
BURELA FS (5): Ana Romero; Peque, Cilene, Ale de Paz e Jenny Lores (quinteto inicial). Tamén xogaron, Bea Mateos, Dany, Luci, Lara Balseiro, Jenny Santos, Cristina e Jozi (segunda porteira).
Goles: 1-0, min. 6 Anna Escribano. 1-1, min. 15 Jenny Lores. 2-1, min. 15 Carol. 2-2, min. 19 Cilene. 2-3, min. 27 Bea Mateos. 2-4, min. 31 Lara Balseiro. 3-4, min. 33 Dani Sousa. 3-5, min. 39 Jozi
Incidencias: Pavillón Municipal de Poio. Preto de 500 espectadores. Os colexiados amoestaron a Jenny Santos e Ale de Paz no Burela, e a Caridad e Silvia Aguete no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar, sen ideas, naufraga ante o Penya Esplugues e afástase do playoff (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Reencontrarse coa vitoria e regresar a zona de playoff, obxectivos do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar perde a cuarta praza tras a derrota en Alcorcón (4-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar xógase o posto de playoff en Alcorcón
Por Manu Otero |
-
Roldán, último escollo do Poio Pescamar cara á fase final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar afronta un mes de xaneiro decisivo coa moral polas nubes
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar derrota o Ourense Envialia e pasa a cuartos da Copa da Raíña (3-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar derrota ao Sala Zaragoza e pecha o 2019 en postos de playoff (2-1)
Por Manu Otero |