Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción
Empate a un gol no partido disputado na Senra entre o Ribadumia e o Pontevedra B.
Despois dunha primeira parte sen goles, o gol inaugural do encontro foi de penalti. Foi o conxunto o que empezou adiantándose grazas ao gol de Hugo Soto desde os 11 metros no minuto 51.
Co 0-1 en contra, o equipo granate tardou moi pouco en devolver as táboas ao partido. Cinco minutos despois do primeiro tanto, Brais enviaba o balón á rede do Ribadumia e poñía o 1-1 final.
Consulta a acta do partido Ribadumia-Pontevedra B na seguinte ligazón.
Pola súa banda, o Céltiga goleou por seis goles a un ao San Ciprián a pesar de comezar perdendo.
O gol inicial marcouno Brais Iglesias cando se chegaba á medianía da primeira metade, con todo, o Céltiga reaccionaba un minuto antes do descanso e volvía empatar o partido.
Xa na segunda metade, o Céltiga foi moi superior ao seu rival aínda que lle custou marcar o seu segundo gol do encontro.
No minuto 66, Manu Santos poñía o 2-1, e tan só 5 minutos despois, Javi Vidal enviaba o balón á rede para que subise o terceiro gol do Céltiga ao luminoso.
Co 3-1 chegábase ao último cuarto de hora e os locais aproveitaron para marcar tres goles máis.
O cuarto marcábao Eloy, o quinto era obra de Grego, e o último enviábao Nico á rede para asinar a goleada.
Consulta a acta do partido Céltiga-San Ciprián na seguinte ligazón.
O partido entre o Portonovo e o Valladares tamén finalizou en empate pola mínima grazas a un gol do xogador local, Dieguito, no último minuto, que salvou un punto para o seu equipo.
Empezaron adiantándose os visitantes cun gol de Víctor Prado no minuto 56, con todo, cando o partido parecía que concluiría con vitoria para o Valladares, Dieguito enviou o balón á rede e puxo o 1-1 final.
Consulta a acta do partido Portonovo-Valladares na seguinte ligazón.
O partido entre o Vilalonga e Sanxenxo decantouse a favor das locais grazas ao dobrete Gabri.
O primeiro gol marcouno no minuto 39, e o segundo e definitivo no 67 dando así a vitoria aos de San Pedro e sumar tres valiosos puntos.
Con este resultado, o Vilalonga suma a súa segunda vitoria consecutiva e empata a 38 puntos co líder de Preferente, o Atios.
Consulta a acta do partido Vilalonga-Sanxenxo na seguinte ligazón.
O Beluso tamén empatou a un gol no último minuto contra o Mondariz no campo de As Laxes.
Os dous goles chegaron na segunda metade, o primeiro por mediación de Víctor, adiantando así aos visitantes.
Con todo, cando o partido parecía que ía concluír con vitoria para o Mondariz, o xogador local Reiriz enviaba o balón á rede no minuto 90 e salvaba un punto para os seus.
Consulta a acta do partido Beluso-Mondariz na seguinte ligazón.
Por último, o Cambados venceu a domicilio ao Arnoia por tres goles a un.
Yago Ameneiro marcaba un dobrete ( min. 47, min. 63) para poñer ao Cambados por diante. Cinco minutos despois, Pénjamo transformaba un penalti e daba a tranquilidade aos visitantes.
O gol da honra para o Arnoia chegou no minuto 89, co partido practicamente concluído. Foi Bruno o que bateu a portería defendida por Adrián e poñía o 1-3 final.
Consulta a acta do partido Arnoia-Cambados na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B reencóntrase coa vitoria á conta do Ponteareas (2-1) e o Ribadumia colócase líder tras vencer ao Portonovo (1-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B déixa os tres puntos ante o Mondariz (0-1) e o Vilalonga perde o liderado tras caer contra o Gran Peña (0-1)
Por Redacción |
-
O Céltiga asalta A Xunqueira e derrota o Pontevedra B na súa casa (0-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Ribadumia leva o derbi ante o Céltiga (0-1) e o Pontevedra B vence ao Cambados a domicilio (1-3)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B salva un punto nos últimos minutos ante o Arnoia (2-2)
Por Redacción |
-
Atracón de goles do Pontevedra B na Xunqueira contra o San Ciprián
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para un Pontevedra B que se impón o Beluso a domicilio (1-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B deixa os 3 puntos ante o Barbadás (0-3)
Por Redacción & Diego Torrado |