A Sociedad Gimnástica faise coa Copa Galega de clubs
Por Redacción
Os equipos masculino e feminino da Sociedad Gimnástica conseguiron revalidar a vitoria na Copa Galega de clubs disputada esta fin de semana na pista cuberta de Ourense. As atletas ximnásticas tiveron que esperar ata a última proba, a carreira de relevos, para certificar o primeiro posto no ranking.
O conxunto masculino, con 90 puntos, arrasarou en case todas as probas e avantaxaron en 17 puntos ao seu inmediato perseguidor, o RC Celta; e en 21, aos terceiros, o CA Santiago. Un botín logrado despois de sete primeiros postos, un segundo e tres terceiros.
Ao máis alto do podio subíronse David de la Fuente, en 400 metros lisos; Joao Ribeiro, en 60 metros valados; Raúl Cortizo, en salto de altura; Santi Ferrer, en salto con pértega; Alfonso Palomanes, en triplo salto, Víctor Gallego, en peso e os atletas do equipo de substitucións, formado por Carlos Argibay, Raúl Cortizo, David de la Fuente e Carlos Porto.
Con 82 puntos, a escuadra feminina avantaxou en dous puntos ao Atlético Feminino Celta e en once ao Ría Ferrol. Dous primeiros postos, obra de Eugenia Gil nos 400 metros lisos e Eva Arias nos 1.500 metros lisos; tres segundos e tres terceiros foron suficientes para facerse co triunfo.
A actuación de Raúl Cortizo, en salto de altura ao superar con 1,98 metros a súa mellor marca persoal; e de Alba Cuns, en triplo salto; servíronlle para conseguir o billete para o campionato de España de pista cuberta.
Relacionadas:
-
A Sociedad Gimnástica iniciará a súa carreira pola permanencia na División de Honra o 25 de abril
Por Redacción |
-
Os atletas da Gimnástica, Raúl Cortizo e Diego Casas, logran o billete para o nacional
Por Redacción |
-
Tres veteranos da Sociedad Gimnástica logran a mínima para o Campionato de España Máster
Por Redacción |
-
Mínimas por Nadal na Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
Festival atlético para dar a benvida ao Nadal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Antía Chamosa, principal reforzo dos equipos da Gimnástica para a nova tempada
Por Redacción |
-
Daniel Chamosa, dominador do Campionato Galego de Marcha
Por Redacción |