O Teucro chega a un acordo con Perovic e Bojicic para a rescisión dos seus contratos
Por Redacción
O Teucro confirma a baixa dos xogadores serbios Nikola Perovic e Nemanja Bojicic. Ningún dos dous incorporouse aos adestramentos co conxunto azul despois do parón invernal e desde a directiva levaban varios días negociando a rescisión dos seus contratos despois de que nin o lateral nin o pivote acabasen de ofrecer o rendemento esperado.
A escuadra pontevedresa desexa aos seus dous ex-xogadores a mellor das sortes no seu próximo destino e agradece a súa achega durante os meses que defenderon as cores do Teucro.
A dirección deportiva do equipo lerezano peitea agora o mercado para atopar novas pezas que sirvan de recambio a estas dúas baixas. Adrián Fritiría foi o primeiro en reforzar o persoal teucrista despois de convencer ao corpo técnico tras varias xornadas a proba.
O adestrador Luís Montes está a ter que recorrer ao equipo filial para completar os adestramentos, posto que a lesión de longa duración de Ferrán Cisneros unida a estas dúas marchas deixa moi curto de efectivos ao primeiro equipo, que aínda así conseguiu vencer a domicilio ao Alarcos a pasada fin de semana.
Relacionadas:
-
O Teucro confirma a fichaxe do brasileiro Caue Herrera
Por Redacción |
-
Sábado de balonmán en Pontevedra: Cisne e Teucro queren seguir invictos no 2020
Por Manu Otero |
-
O Teucro regresa á competición con vitoria sobre o Alarcos (22-26)
Por Almu Dapena |
-
Adrián Freiría, fichaxe de 'urxencia' do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Perovic, ausente dos adestramentos, negocia a súa saída do Teucro
Por Manu Otero |