Luismi e Paco incorpóranse ao Pontevedra cun obxectivo claro: "No queda otra que ascender a Segunda B"
Por Alejandro Espiño
O Pontevedra CF reforza a súa dianteira e a súa portería. Chegan Luismi e Paco, procedentes do Ourense e o Somozas, respectivamente. Ambos foron presentados este xoves en Pasarón. Os dous recoñecen que lles seduciu a oferta do Pontevedra polo seu proxecto deportivo. E é que segundo o presidente do Consello de Administración, José Manuel Fernández, "objetivo no hay otro que el ascenso de categoría".
Luismi, formado na canteira do Celta B, ten 21 anos e xogou a pasada tempada no Ourense. ÿ un xogador de banda esquerda, explicou José Manuel Fernández, "con una resolución magnífica y de calidad contrastada". Tras pousar coa camiseta granate, o propio xogador recoñeceu que facerse un oco no once "no será fácil" pola gran competencia que haberá no seu posto.
Pola súa banda, Paco ten 25 anos e tras formarse no Rácing de Ferrol, o ano pasado defendeu as cores do Somozas. ÿ un xogador, segundo o presidente, "del que tenemos muchas expectativas", ao destacar que ten "magníficas cualidades para el fútbol". O porteiro asegurou estar afeito xogar con presión e que, tras xogar varias veces en Pasarón, seduciulle a idea de vivir ese ambiente cada quince días.
Malia a chegada destes dous novos xogadores para o primeiro equipo, o Pontevedra non dá por pechado o plantel. Segundo o seu adestrador seguen sondando o mercado, aínda que "sin ninguna prisa". Di Nando que se centrarán os esforzos na contratación dun punta "de referencia", un lateral esquerdo e un mediocentro que faga as funcións de peche "y que aporte experiencia al equipo".
Recoñece que non será fácil atopar xogadores de garantía nesas posicións "porque económicamente no llegamos a lo que pueden pagar otros equipos". Por iso estarán moi atentos aos descartes que nas próximas semanas poidan facer os equipos da Segunda B, especialmente dos cinco galegos: Coruxo, Ourense, Celta B, Compostela e Rácing de Ferrol, entre os que pode haber algo "interesante" para os obxectivos granates.
TRES XOGADORES PARA O FILIAL
No mesmo acto, o Pontevedra CF presentou tamén a tres xogadores para o equipo filial. Son dous porteiros, David e Adrián, e un dianteiro, Kevin. Os tres tes 20 anos e chegan, segundo José Manuel Fernández, "para dar la continuidad que necesita el club", unha estratexia deportiva que pasa "no sólo por sostener la primera plantilla sino garantizar el futuro con jugadores jóvenes y de calidad".
No caso de Kevin, que procede do fútbol arxentino, xogou a tempada pasada no Barco, equipo de Rexional Preferente. Contra el enfrontouse en ocasións ao Pontevedra B e o seu adestrador fíxolle un completo seguimento con vistas á súa incorporación esta tempada. Fará a pretemporada co primeiro equipo. Sinalou que chega ao Pontevedra "con el objetivo de luchar por jugar en Tercera División".
Adrián regresa ao Pontevedra, equipo no que xogou en cadetes e xuvenís antes de marcharse ao Céltiga, conxunto co que xogou a pasada tempada, e David, do que o club ten "magníficas referencias" formouse na canteira do Celta B e procede do Rápido de Bahía. Ambos aseguraron que loitarán por facerse coa titularidade do filial e que a competencia polo posto será boa para o equipo.
Coa chegada destes dous porteiros para o filial, que se suman ao de Edu Sousa e Paco para o primeiro plantel, na rolda de prensa saíu a relucir o nome de Lorenzo, que segue sen contestar á oferta de renovación do club. A súa continuidade parece xa moi complicada. "A los jugadores que por cuestiones personales se quieran no les pondremos pegas", recoñeceu José Manuel Fernández. Quedan pendentes con el "cuestiones económicas" que se solucionarán.
Relacionadas:
-
Ascender a Segunda B: obxectivo irrenunciable para un Pontevedra que comeza a pretempada
Por Alejandro Espiño |
-
Paco, gardameta procedente da UD Somozas, substituirá a Lloves na portería do Pontevedra CF
Por Alejandro Espiño |
-
Benja e Luismi, dous novos dianteiros para o Pontevedra 2013/2014
Por Ramiro Espiño |