Silvia e Caridad, porteiras do Poio Pescamar, repiten convocatoria coa Selección Española
Por Redacción
A Selección Española de fútbol sala feminino está concentrada en Vilarreal para disputar un dobre enfrontamento amigable fronte ao combinado portugués. Na convocatoria de Claudia Pons volve haber protagonismo para o Poio Pescamar coa presenza das dúas gardametas do equipo da Seca, Silvia Aguete e Caridad García, entre as elixidas.
Ambas as xogadoras participaron e foron decisivas na vitoria do pasado martes de España por 4-1 sobre Portugal e esta tarde volverán a satar á cancha para repetir enfrontamento.
As xogadoras regresarán logo a Galicia para preparar o próximo partido no que as vermellas mediranse a domicilio ao Alcorcón.
Relacionadas:
-
Así pasan a corentena os deportistas pontevedreses
Por Almu Dapena |
-
Reto de altura para o Poio Pescamar na cancha do intratable Atlético Navalcarnero
Por Redacción |
-
O Tour Universo Mujer fai escala en Pontevedra para celebrar o Día Internacional da Muller
Por Manu Otero |
-
O presente e futuro da portería da Selección Española pasa por Poio
Por Redacción |
-
A Selección Española de fútbol sala dáse unha homenaxe en Marín ante Xapón (8-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |