O Peixe Galego domina pero cede no último cuarto ante o líder, o Valladolid (69-75)
Por Diego Torrado & Almu Dapena
Dura derrota para o Peixe Galego este sábado no pavillón da Raña ante o líder da LEB Oro, o Valladolid. Os de Marín dominaron durante todo o encontro pero o cansazo nos últimos compases xogoulles unha mala pasada e finalmente caeron derrotados por un inxusto 69-75.
O Peixe saíu a por todas e tomou a iniciativa nos primeiros compases (8-1) grazas ao acerto de Saunders e Doorson e a fortaleza defensiva que impediu ao seu rival reaccionar ata o último minuto do primeiro tempo. O Valladolid conseguiu empatar, pero un tiro de dous de Orellano e un de tres de Mazaira, poñían aos locais cunha lixeira vantaxe de 5 puntos (20-15) antes do comezo do segundo cuarto.
Co marcador e o factor cancha ao seu favor, o Peixe seguiu dominando para facer crecer a vantaxe ata 34-22 e obrigaba a técnico rival a realizar substitucións que serviron para reducir a diferenza e apertar o resultado antes de chegar ao descanso (38-34).
Comezaba o terceiro cuarto e os de Javi Llorente seguían por diante. Un tiro de Jacobo Díaz desde a liña de tres afastaba de novo ao Peixe, pero aínda quedaba moito partido e todo por decidir (49-41). De novo o Valladolid apertaba e conseguía poñerse por diante por primeira vez en todo o partido (52-53), con todo, un tiro de tres de Sangone Niang, e un tiro libre de Saunders, poñían de novo o marcador a favor dos de Marín a falta de 10 minutos para que soase a bucina.
Empezaba o último cuarto e o Peixe só era capaz de manter unha pequena diferenza de dous puntos á que o líder puido darlle a volta con tres canastras seguidas de Mackenzie (64-68), que fixeron dano aos locais e comezaron a errar nos seus tiros cedendo o partido nos últimos minutos e finalizar en 69-75.
Consulta as estatísticas do Peixe Galego-Valladolid na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego vence o Granada e pon fin á súa mala serie (80-72)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Poñer fin á súa mala serie, obxectivo do Peixe Galego ante o Granada
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego segue en liña ascendente pero é incapaz de gañar en Cáceres (95-89)
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego, tras descubrir o camiño cara á vitoria, quere sorprender ao Cáceres
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego apela ao factor anímico diante dunha nova misión imposible
Por Manu Otero |
-
Filip Toncinic deixa o Peixe e chega Sangone Niang
Por Manu Otero |
-
Desastre tras o descanso do Peixe Galego que lle deixa sen opcións ante o HLA Alicante (65-97)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Palencia cómese ao Peixe Galego (90-58)
Por Manu Otero |
-
Amargo peche de 2019 para o Peixe Galego con derrota ante o Oviedo (53-73)
Por Almu Dapena |