Mal comezo da segunda volta para o Arxil que cae na súa visita ao Celta (80-61)
Por Redacción
Comezou a segunda volta para o Club Baloncesto Arxil coa súa visita ao pavillón de Navia para enfrontarse ao Celta Zorka e conseguir o cuarto triunfo da tempada que lles fixese saír da zona baixa da clasificación. Con todo, o partido estivo encarrilado polas celestes desde o final do primeiro cuarto e levaron a vitoria por 80-61.
O partido comezou co Celta encestando os seus dúas primeiras canastras e conseguindo un parcial de 4-0 ao que o Arxil deu a volta con dous triplos seguidos, o primeiro de Rosendal e o segundo de Carla Díaz, e poñíanse por diante no marcador cunha pequena vantaxe que se reduciu aos 5 minutos do primeiro cuarto. A partir de aí non houbo cor e as celestes empezaron a dominar con claridade logrando un resultado de 22-11 antes de empezar o segundo, peor cuarto para ambos os equipos onde aos dous custoulles ver canastra (38-24).
Despois do descanso, as locais poñían o pé no acelerador para seguir afastándose do Arxil, que mantiña a esperanza en María Lago, a mellor das verdes con 20 puntos. A pesar da súa boa actuación no terceiro cuarto o Celta demostrou a súa superioridade e volveron facerse co poder do esférico tanto en defensa como en ataque para chegar ao último cuarto con resultado de 62-38 e o partido practicamente sentenciado.
Chegábase aos últimos 10 minutos e as de Mayte Méndez lograron o seu mellor parcial (18-23), pero non foi suficiente para dar a volta ao luminoso e finalmente caeron por 80-61.
Con este resultado, o Arxil segue no posto 12 de clasificación de Liga Feminina 2 con tres vitorias e once derrotas.
Consulta as estatísticas do Celta Zorka-Arxil na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Un competitivo Arxil cae ante o líder, o Estudantes (73-50)
Por Redacción |
-
O Arxil encarrila a permanencia tras vencer o Avilés por 67-52
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria á conta do Pozuelo (70-51)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Arxil, ante dous partidos para recuperar sensacións
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
A permanencia do Arxil na Liga Femenina 2 decidirase no CGTD
Por Manu Otero |
-
O Arxil encara a segunda volta de liga coa necesidade de sumar vitorias
Por Redacción |
-
O Arxil ficha a ala-pívot arxentina Johanna Puchetti
Por Redacción |
-
O Leganés deixa sen opcións o Arxil no terceiro cuarto (71-43)
Por Redacción |
-
O Cortegada leva o derbi fronte o Arxil (69-77)
Por Redacción |