O Ribadumia leva o derbi ante o Céltiga (0-1) e o Pontevedra B vence ao Cambados a domicilio (1-3)
Por Redacción
O Salvador Otero acolleu esta fin de semana o derbi entre Céltiga e Ribadumia que dá inicio á segunda volta da liga Preferente.
Os de A Illa, que partían como favoritos ao ser o mellor equipo da categoría en casa, enfrontábanse ao conxunto menos goleado da categoría e así o demostraron mantendo a portería a cero.
O único tanto do partido marcouno Aitor Díaz cando se cumpría a media hora de xogo dando, con el, a vitoria ao Ribadumia.
Con este resultado, tanto Céltiga (34 puntos) como Ribadumia (40 puntos) mantéñense na mesma posición que a xornada pasada, quinto e terceiro respectivamente..
Consulta a acta do partido Céltiga-Ribadumia na seguinte ligazón.
O Pontevedra B tamén gañou a domicilio no enfrontamento ante o Cambados.
Empezaron adiantándose os locais cun gol de Aarón Paredes no minuto 27, levando o partido ao descanso en 1-0 e todo por decidir.
Os goles dos granates chegaron na segunda metade. Con dous goles de Hugo e un de Marcos Pastoriza, o Pontevedra B deu a volta ao marcador para poñer o 1-3 final.
O gol da igualada marcouno Hugo desde o punto de penalti no minuto 56, e 10 minutos despois, Marcos marcaba o segundo para os pontevedreses, que sentenciaron no 88.
Consulta a acta do partido Cambados-Pontevedra B na seguinte ligazón.
En canto ao enfrontamento entre o Barbadás e o Portonovo, foron os de Ourense os que levaron a vitoria por dous goles a un.
Empezou abrindo a lata o conxunto visitante cun gol de Dieguito no minuto 55, pero dous goles seguidos acabaron condenándoos.
David Soares igualaba a contenda no minuto 76 e dous minutos despois, Isma mandaba o segundo balón á rede para o Barbadás e poñía o 2-1 final.
Consulta a acta do partido Barbadás-Portonovo na seguinte ligazón.
Pola súa banda, o Vilalonga venceu en San Pedro por 3-0 ao Valladares, penúltimo clasificado.
O primeiro gol do encontro chegou no minuto 26. Marcos Blanco mandaba o balón á rede para inaugurar o marcador a favor dos locais, que volveu moverse pouco antes de chegar ao descanso cun novo gol, esta vez de David Calo.
Despois do descanso, aos 5 minutos de empezar, o Vilalonga xa deixaba o partido sentenciado cun gol de Gabri.
Con este resultado o Vilalonga segue líder empatado a 41 puntos co Atios, que tamén gañou.
Consulta a acta do partido Vilalonga-Valladares na seguinte ligazón.
Outro partido que quedou en 3-0 foi o disputado entre o Velle e o Sanxenxo, que suma a súa segunda derrota consecutiva despois de perder na xornada pasada ante o Vilalonga.
A lata abriuna Raúl Melo no minuto 28 para poñer o 1-0 no luminoso, resultado co que se chegou ao descanso.
Tras o intermedio, no minuto 63 o Sanxenxo quedaba cun xogador menos pola expulsión de Dani Otero, superioridade que aproveitou o Velle para marcar o segundo tanto do partido. Lucas Enríquez enviaba o balón á rede e daba a tranquilidade aos locaisCo encontro case finalizado e o árbitro a piques de pitar, Martín sentenciaba para poñer o 3-0 final e deixar os tres puntos en Velle.
Consulta a acta do partido Velle-Sanxenxo na seguinte ligazón.
Pola súa banda, o Beluso levou a vitoria ante o Cultural Areas por 2-1.
Os locais empezaron adiantándose no marcador cun gol de Víctor no minuto 25, pero seis minutos despois, Adri Estévez igualaba o encontro para chegar ao descanso cun empate pola mínima.
Xa na segunda metade, a falta de 15 minutos para que o duelo concluíse, Manu Reiriz enviaba o balón á rede visitante e daba a vitoria ao equipo de As Laxes.
Consulta a acta do partido Beluso-Cultural Areas na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B reencóntrase coa vitoria á conta do Ponteareas (2-1) e o Ribadumia colócase líder tras vencer ao Portonovo (1-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B déixa os tres puntos ante o Mondariz (0-1) e o Vilalonga perde o liderado tras caer contra o Gran Peña (0-1)
Por Redacción |
-
O Céltiga asalta A Xunqueira e derrota o Pontevedra B na súa casa (0-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B salva un punto nos últimos minutos ante o Arnoia (2-2)
Por Redacción |
-
Atracón de goles do Pontevedra B na Xunqueira contra o San Ciprián
Por Redacción |