Os atletas da Gimnástica, Raúl Cortizo e Diego Casas, logran o billete para o nacional
Por Redacción
Os atletas da Sociedade Gimnástica, Raúl Cortizo e Diego Casas, bateron esta fin de semana a marca mínima para clasificarse para o campionato de España das súas categorías. O sub 20 Cortizo fíxoo en salto de lonxitude e o sub 23 Casas, en lanzamento de peso.
Nun control celebrado no recinto Expourense da cidade das burgas, o saltador da escuadra lerezana asinou un rexistro de 6,75 metros no seu segundo intento. Non sería a única vez, pois volveu superar a mínima en varios dos seguintes saltos demostrando o seu bo estado de forma. De feito quedou a escasas milésimas de conseguir o billete nos 200 metros lisos e hai uns días xa conseguira o pase en salto de altura.
Un das últimas fichaxes do equipo pontevedrés tamén demostrou por que a Sociedade Gimnástica fixouse nel. Diego Casas conseguiu a clasificación para o nacional ao aire libre de categoría sub 23 lanzando o peso a 53.49 metros, o que supón a súa mellor marca persoal. O lanzador castelán leonés debutaba esta fin de semana co equipamento do seu novo club e os resultados foron inmellorables.
Menos sorte tiveron David de la Fuente e Hassan Izzedine, que quedaron ao bordo da clasificación na carreira de 800 metros lisos.
Relacionadas:
-
A Sociedad Gimnástica iniciará a súa carreira pola permanencia na División de Honra o 25 de abril
Por Redacción |
-
Catro ouros e dous pratas para a Gimnástica no Campionato Galego sub23 de pista cuberta
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Tres veteranos da Sociedad Gimnástica logran a mínima para o Campionato de España Máster
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica faise coa Copa Galega de clubs
Por Redacción |