O Arxil reencóntrase coa vitoria á conta do Pozuelo (70-51)
Por Almu Dapena & Diego Torrado
Despois da derrota da xornada pasada ante o Celta, o Club Baloncesto Arxil regresou ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva coa vista posta en conseguir unha nova vitoria que lle permitise aspirar a manterse na Liga 2 e logrouno. As de Mayte Méndez mandaron no marcador durante todo o encontro e impuxéronse con claridade ao pechacancelas, o Pozuelo.
María Lago foi a encargada de encestar a primeira canastra para o Arxil. Tras coller o rebote no seu propio campo, a xogadora local provocou o lanzamento de dous tiros libres e aproveitounos para adiantar ao seu equipo e tomar a iniciativa para chegar ao final do primeiro cuarto cunha importante vantaxe (24-13).
No segundo, o Pozuelo recortou distancias e púxose a 7 puntos das verdes, pero a boa actuación de Rosendal (14 puntos) permitiu ás locais manterse por diante e irse ao descanso cunha vantaxe de 15 puntos (39-24).
Tras o paso polo vestiario, o Arxil baixou os brazos e realizou o peor cuarto do partido (10-15), as visitantes puxeron unha marcha máis, pero non a suficiente para dar a volta ao marcador, e chegouse ao último cuarto cun resultado de 50-39 e todo por decidir.
Co marcador a favor, as verdes non podían deixar escapar os puntos e así foi. Forster (14 puntos e 14 rebotes), Puchetti (14 puntos e 4 rebotes), e Carla Díaz (6 puntos e 8 rebotes) lideraron a valiosa vitoria das pontevedresas.
Con este resultado, o Arxil colócase no posto 11 igualado a 19 puntos co Cortegada, décimo clasificado.
Consulta as estatísticas do CB Arxil-Pozuelo na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Arxil pelexa ata o final pero non pode co Añares Rioja (74-68)
Por Almu Dapena |
-
Contundente derrota do Arxil fronte ao Patatas Hijolusa (50-75)
Por Redacción |
-
Un competitivo Arxil cae ante o líder, o Estudantes (73-50)
Por Redacción |
-
O Arxil encarrila a permanencia tras vencer o Avilés por 67-52
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Un xamón para encher a cancha do Centro de Tecnificación
Por Redacción |
-
O Arxil, ante dous partidos para recuperar sensacións
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
A permanencia do Arxil na Liga Femenina 2 decidirase no CGTD
Por Manu Otero |
-
Mal comezo da segunda volta para o Arxil que cae na súa visita ao Celta (80-61)
Por Redacción |