O Céltiga asalta A Xunqueira e derrota o Pontevedra B na súa casa (0-2)
Por Redacción & Diego Torrado
O Pontevedra B caeu esta fin de semana na visita do Céltiga á Xunqueira.
Despois dunha primeira parte na que non houbo goles, o primeiro gol dos visitantes chegou no minuto 55. Rober bateu a portería defendida por Sergio e puxo o 0-1 no luminoso.
O filial granate buscou o empate pero non chegou. O Céltiga tivo máis fortuna e sentenciou o encontro cun gol de Eloy no minuto 72.
Consulta a acta do partido Pontevedra B-Céltiga na seguinte ligazón.
O Ribadumia tamén gañou a domicilio. O seu rival foi o Xuvenil Ponteareas, que viña de gañar os seus anteriores dous partidos e quería sumar unha terceira vitoria á súa marcadora.
Con todo, o conxunto visitante logrou impoñerse cun gol temperán de Hugo Soto desde o punto de penalti. Despois chegou a quenda de Fran Fandiño, que puxo o 0-2 no luminoso no minuto 32, resultado co que se alcanzou o descanso.
Despois do intermedio, o único tanto o marcou o Ponteareas, de novo desde os 11 metros. O colexiado sinalou penalti e Chema enviou o balón á rede e así recortar distancias. Finalmente o partido quedou en 1-2.
Con este resultado o Ribadumia segue terceiro a tan só un punto de Vilalonga e Atios (44 puntos).
Consulta a acta do partido Xuvenil Ponteareas-Ribadumia na seguinte ligazón.
Pola súa banda, o Portonovo logrou a súa cuarta vitoria esta tempada despois de gañar pola mínima á Gran Peña a domicilio.
O único tanto do partido, e que dá os tres puntos ao Portonovo, marcouno Diego no minuto 33.
Consulta a acta do partido Gran Peña-Portonovo na seguinte ligazón.
Outro conxunto que gañou foi o Vilalonga na súa visita ao Barbadás, grazas a un dobrete de Carlos Gómez.
Os de San Pedro inauguraron o marcador no minuto 30, empatou o Barbadás na segunda metade cun gol de Isma de penalti, e cando o encontro parecía sentenciado, o colexiado volveu pitar a pena máxima a favor do Vilalonga. Carlos Gómez volveu ser protagonista e enviou o balón á rede para sentenciar o partido e dar a vitoria ao seu equipo.
Con este resultado o Vilalonga segue líder empatado a 44 puntos co Atios.
Consulta a acta do partido Barbadás-Vilalonga na seguinte ligazón.
No encontro entre o Moaña e o Beluso repartíronse os puntos despois de empatar pola mínima.
O encargado de adiantar aos locais foi Adri Cidrás cun gol desde o punto de penalti no minuto 32, pero aínda quedaba moito partido e o Beluso conseguiu empatar cun gol de Ivi na segunda metade.
Consulta a acta do partido Moaña-Beluso na seguinte ligazón.
Pola súa banda, o Sanxenxo sumou esta fin de semana a súa terceira derrota consecutiva e ante a súa afección.
Os de Baltar recibiron ao Porriño, que se adiantou cun gol de Joao Mendes no minuto 11. Co 0-1 chegouse ao descanso e xa no minuto 80, Migui daba a tranquilidade ao seu equipo despois de mandar o balón á rede local e poñer o 0-2 final.
Consulta a acta do partido Sanxenxo-Porriño na seguinte ligazón.
O Cambados perdeu pola mínima na súa visita ao Mondariz.
Tei foi o encargado de marcar o único gol do partido no minuto 56 e con el dar a vitoria ao Mondariz por 1-0.
Consulta a acta do partido Cambados-Mondariz na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B reencóntrase coa vitoria á conta do Ponteareas (2-1) e o Ribadumia colócase líder tras vencer ao Portonovo (1-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B déixa os tres puntos ante o Mondariz (0-1) e o Vilalonga perde o liderado tras caer contra o Gran Peña (0-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia leva o derbi ante o Céltiga (0-1) e o Pontevedra B vence ao Cambados a domicilio (1-3)
Por Redacción |
-
Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B salva un punto nos últimos minutos ante o Arnoia (2-2)
Por Redacción |
-
Atracón de goles do Pontevedra B na Xunqueira contra o San Ciprián
Por Redacción |