Acordo roto co MKS Cracovia para o traspaso de Álvaro Bustos

Por Diego Espiño
Álvaro Bustos seguirá sendo xogador do Pontevedra Club de Fútbol despois de que se truncase a operación que lle ía a levar a xogar na Primeira División de Polonia, concretamente no MKS Cracovia.
O seu traspaso, polo que o club granate ía recibir compensación económica, dábase por feito a falta dos últimos trámites, como o pertinente recoñecemento médico. Nese punto é onde se botou todo a perder, xa que a revisión médica non convenceu ao conxunto polaco.
"Se vuelve a reincorporar. Deportivamente es una buena noticia porque es un jugador importantísimo", asegurou respecto diso tras o adestramento deste venres o adestrador do Pontevedra, Carlos Pouso.
O técnico defendeu iso si o estado físico do extremo asturiano, xa que "conmigo no se ha perdido ni un entrenamiento ni ningún partido".
Bustos, que se atopaba en Polonia, regresará así á cidade do Lérez para reintegrarse na disciplina do equipo canto antes, aínda que o adestrador non conta con el para o choque do domingo ante o Ibiza despois de varios días sen adestrar e sobre todo polo golpe emocional que toda esta situación puido supoñer para el. Por iso o preparador vasco asegura que se centrará en "recuperarle anímicamente que con la ilusión que iba me supongo que esto habrá sido un palo, pero aquí tiene a papá para recibirle con los brazos abiertos", concluíu.
Ao pararse a operación o Pontevedra, a poucas horas do peche do mercado, conta con todas as súas fichas ocupadas á espera do que poida ocorrer cos dianteiros Javi Pazos e Rivera, que de momento este venres completaron con normalidade o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros.
Relacionadas:
-
José García recupérase e Adrián Cruz traballa á marxe
Por Diego Espiño |
-
Adrián Cruz: "Ya no me veo jugando en otro club, mi idea es intentar echar raíces aquí"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Adrián Cruz e José García, ausentes no primeiro adestramento da semana do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Máximo respecto entre Pontevedra e Ibiza (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Tras as fichaxes, a atención volve ao verde cun esixente exame para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Adrián Cruz volve ao Pontevedra e Javi Pazos márcha ao Arenteiro
Por Diego Espiño |
-
Rivera ou Javi Pazos, só pode quedar un
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra xa ten lateral esquerdo: Eneko Zabaleta
Por Manu Otero |
-
Álvaro Bustos non adestra co grupo e confirma a súa saída do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra dilúese: Seis partidos sen gañar con tres goles a favor e once en contra
Por Manu Otero |