Reto de altura para o Poio Pescamar na cancha do intratable Atlético Navalcarnero
Por Redacción
O máis difícil aínda para o Poio Pescamar. Despois de tres derrotas consecutivas o conxunto vermello afronta este sábado (19:15 horas) a saída máis complicada do curso, á pista do ata o de agora líder e intratable Futsi Atlético Navalcarnero.
O cadro madrileño sumou os seus 18 encontros por vitoria, sen fallo, coa friorenta de 110 goles a favor (o Poio suma 58) e só 26 en contra.
Todo un reto de altura para un plantel que quere recuperar o impulso perdido na clasificación para non perder as opcións de pelexar por unha cuarta posición da táboa que se afastou a 6 puntos de distancia.
Uns números que poden asustar pero tamén motivar, pensando no precedente da primeira volta no que o resultado foi un axustado 1-2, o partido con menos goles do Atlético esta tempada.
Esta complicada cita servirá de inicio dunha importante semana para o Poio Pescamar, na que recibirá o Roldán nos cuartos de final da Copa do Raíña cun posto para a final a 4 en xogo.
Relacionadas:
-
O Atlético Navalcarnero golea o Poio Pescamar, que suma a súa cuarta derrota consecutiva (7-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, sen ideas, naufraga ante o Penya Esplugues e afástase do playoff (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar perde a cuarta praza tras a derrota en Alcorcón (4-0)
Por Redacción |
-
Silvia e Caridad, porteiras do Poio Pescamar, repiten convocatoria coa Selección Española
Por Redacción |