Antía Chamosa, da Gimnástica, proclámase campioa da 31 edición do Campionato de Marcha en Ruta
Preto de 150 deportistas déronse cita esta fin de semana en Marín para participar na 31 edición do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta.
A avenida de Ourense foi o escenario onde Antía Chamosa, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, proclamouse vencedora en categoría feminina, mentres que Roberto Vieiro, do Club Atletismo Santiago, quedou campión na masculina.
Chamosa chegou á meta cun crono de 47:08, e Carmen Escariz, do Alcampo Scorpio 71 (49:27) e Iria Rivas, do Ría Ferrol (53:32), completaron o podio en segundo e terceiro lugar respectivamente.
Pola súa banda, Vieiro impúxose cun tempo de 44:24, e seguírono Juan Manuel Morais, do Marineda Atlético (44:30), e José Fernández, do Celta (46:28).
En canto ás carreiras de categoría base, Aldara Meilán, do Atlética Lucense, foi a máis rápida das sub16, logrando o terceiro mellor tempo da xeral (26:09), mentres que Brais Suárez, do RunGalicia-InterSport, foi o vencedor da competición masculina cun tempo de 24:27.
Claudia Sufuentes, do Atlética Lucense, impúxose en categoría sub14 co terceiro mellor tempo da xeral (16:27), e Andrés González, do Celta, foi o primeiro do grupo masculino que percorreu os tres quilómetros da proba (16:12).
En sub12, Sabela Castelo, do Atletismo Vila de Cangas foi a vencedora cunha marca de 10:01, mentres que o deportista do Atletismo Porriño, Tomás Bautista, quedou segundo na xeral cun tempo de 10:57.
Na última categoría, a sub10, Zaira Pousada, do Atletismo Ría de Arousa, e José Ramón Veiga, do Atletismo Cuntis, foron os primeiros en chegar á meta cuns tempos de 7:08 e 6:37 respectivamente.
Mellores imaxes da 31 edición do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
O CGTD acolle este domingo o campionato autonómico de marcha
Por Manu Otero |
-
Pamplona e Vigo, sedes para os primeiros encontros de liga da Gimnástica
Por Redacción |
-
15 medallas e 5 mínimas nacionais, balance da Gimnástica no Campionato Galego en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
A Gimnástica, sen fortuna no Campionato de España Sub-23 de atletismo
Por Redacción |
-
Diego Casas, da Gimnástica á Copa de Europa de Lanzamentos
Por Redacción |
-
Marín programa cortes de tráfico esta fin de semana pola celebración de probas deportivas
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, principal reforzo dos equipos da Gimnástica para a nova tempada
Por Redacción |