O Pontevedra B déixa os tres puntos ante o Mondariz (0-1) e o Vilalonga perde o liderado tras caer contra o Gran Peña (0-1)
Por Redacción
Segunda derrota consecutiva para o Pontevedra B que perdeu pola mínima ante o Mondariz no encontro pertencente á xornada 22 de liga Preferente.
O único tanto do partido marcouno o xogador local, Giño, cando se cumpría a primeira media hora de partido.
Despois do gol, o filial granate buscou un empate que non chegou e o partido finalizou en 1-0.
Consulta a acta do partido Mondariz-Pontevedra B na seguinte ligazón.
Pola súa banda, o Vilalonga sumou esta fin de semana a súa segunda derrota esta tempada. O seu rival foi a Gran Peña, penúltimo clasificado con catro partidos gañados, que deu a sorpresa no campo de San Pedro para levar os tres puntos cun gol de Samu no último minuto.
Con este resultado, o Vilalonga perde o liderado e baixa á terceira posición empatado a puntos co Ribadumia (44) e a un do Atios (45), que empataron pola mínima.
Consulta a acta do partido Vilalonga-Gran Peña na seguinte ligazón.
El encuentro entre Atios y Ribadumia se decidió en los últimos minutos de encuentro.
El primer tanto lo marcó en el minuto 31 Manu Vilán, poniendo a los locales por delante en el marcador y manteniéndose así hasta los últimos compases.
En el minuto 83 llegó el gol del empate. El nueve del Ribadumia, Hugo Soto, hizo lo propio y envió el balón para salvar un punto que permite a su equipo colocarse en segunda posición.
Consulta el acta del partido Atios-Ribadumia en el siguiente enlace.
Pola súa banda, o Juventud Cambados caeu por 1-3 ante o Cultural Areas no campo de Burgáns.
Comezou adiantándose o conxunto visitante cun gol de Zamo no minuto 24, e o Cambados non necesitou máis dun minuto para igualar de novo a contenda aínda que con axuda do xogador rival, Iván.
Na segunda metade chegaron os dous goles restantes. No minunto 51, Vitti poñía ao Areas de novo por diante no marcador, e Zamo, o 73, volvía converterse no autor do gol e sentenciar o encontro.
Consulta a acta da partido Juventud Cambados-Cultural Areas na seguinte ligazón.
Despues de tres partidos sin conocer la victoria, el Sanxenxo se desplazó a Beluso para reencontrarse con los tres puntos y vencer a su rival por 0-2.
Los dos tantos del partido llegaron en la primera mitad. El primero fue en el minuto 3 de las botas de Dani Otero, y cuando se estaba llegando al filo del descanso, llegó el segundo. Teti envió el balón a la red para sentenciar el encuentro y dar la victoria al Sanxenxo.
Consulta el acta del partido Beluso-Xuventude Sanxenxo en el siguiente enlace.
Pola súa banda, o Portonovo goleou por 3 goles a 0 ao pechacancelas de preferente, o San Ciprián.
O primeiro gol do partido marcouno Sekou Oumar no minuto 41 e poñía ao seu equipo por diante no marcador antes de chegar ao descanso.
Xa despois do intermedio, Migui apareceu por partida dobre. Primeiro no minuto 49 e por último cando o colexiado estaba a piques de pitar o final do encontro, sentenciando no minuto 90 e dando os tres puntos ao Portonovo que suma a súa segunda vitoria consecutiva.
Consulta a acta do partido Portonovo-Polígono San Ciprián na seguinte ligazón.
Outro equipo que goleou foi o Céltiga na súa visita ao Xuvenil de Ponteareas.
O marcador inaugurouno Bugallo cun gol no minuto 16, poñendo ao Céltiga por diante. No minuto 28 chegou o segundo. Pillado bateu a rede de Sergio Loureiro e dar a tranquilidade ao seu equipo, que deixou practicamente sentenciado o partido antes de chegar ao descanso cun gol de Carlos.
Despois do intermedio e co 0-3 no marcador, o colexiado pitou un penalti a favor do conxunto local, que recortou distancias no minuto 72 por mediación de David Portas. Con todo, pouco durou a alegría aos locais, que viron como aos tres minutos do gol, o xogador do Céltiga, Nico enviaba de novo o balón á rede e poñía o 1-4 co que se chegou ao final do encontro.
Consulta a acta do partido Xuvenil de Ponteareas- Céltiga na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Nova derrota para o Pontevedra B en casa do Moaña (3-2) e o Xuvenil de Ponteareas golea o Vilalonga por 2-6
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre o Pontevedra B e o Atios (1-1) na Xunqueira
Por Redacción |
-
Un gol temperán condena o Pontevedra B na cancha do Areas (3-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B reencóntrase coa vitoria á conta do Ponteareas (2-1) e o Ribadumia colócase líder tras vencer ao Portonovo (1-0)
Por Redacción |
-
O Céltiga asalta A Xunqueira e derrota o Pontevedra B na súa casa (0-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Ribadumia leva o derbi ante o Céltiga (0-1) e o Pontevedra B vence ao Cambados a domicilio (1-3)
Por Redacción |
-
Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción |