Rodaxe para Bea Gómez, María Vilas e Carla Goyanes no Meeting Internacional Póvoa de Varzim
Por Redacción
Cada vez queda menos para os grandes obxectivos da tempada e os deportistas do Club Natación Galaico traballan duro para chegar ao momento da verdade na mellor forma posible.
A última parada na súa preparación, no caso das olímpicas Bea Gómez e María Vilas e tamén de Carla Goyanes, foi o XI Meeting Internacional Póvoa de Varzim que se disputou a fin de semana en Portugal en piscina de 50 metros.
As representantes do Galaico acudiron á cita xunto a outros bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
A nivel individual Bea Gómez impúxose nas probas dos 200 e 400 estilos logrando senllos records do campionato, aínda que as marcas (2:18.17 e 4:50.04 respectivamente) quedaron lonxe aínda dos seus mellores rexistros, algo que pouco importa a estas alturas de tempada, xa que se trataba de sumar quilómetros.
Na clasificación por clubs o equipo galego finalizou o Meeting na terceira posición por detrás do FC Porto e do Ligue Occitanie francés, quedando ademais segundos do medalleiro con 19 podios.
OITO MEDALLAS NO CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN
Positivo papel o protagonizado por outra banda polo equipo alevín do Galaico no Campionato Galego de Inverno celebrado en Santiago de Compostela.
Os nadadores e nadadoras pontevedreses conseguiron nesta cita un total de 8 medallas (cinco ouros, unha prata e dous bronces). Ademais, na clasificación por equipos, finalizaron na quinta posición.
Relacionadas:
-
Posta a punto para Bea Gómez no Open de Madrid
Por Redacción |
-
María Vilas despídese das súas opcións olímpicas en augas abertas
Por Redacción |
-
O Club del Mar e Bea Gómez, protagonistas da fin de semana de natación en Ponte Muíños
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O CN Galaico é campión galego absoluto
Por Redacción |
-
Inicio de ano con concentracións nacionais para María Vilas e Carla Goyanes
Por Redacción |
-
Os equipos do Galaico cumpren o seu obxectivo e manteñen a categoría na Copa de España de Natación
Por Redacción |
-
Positivo test para Bea Gómez en Amsterdam, rozando as medallas no 800 libre
Por Diego Espiño |