O Concello contratará unha 'app' para mellorar a comunicación cos clubs deportivos da cidade
Por Redacción
Mellorar a comunicación cos clubs deportivos da cidade e facilitar a tramitación das axudas é o obxectivo da 'app' que ten previsto contratar o Concello nos próximos meses.
Así o defendeu o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, explicando que esta ferramenta está incluída nos orzamentos que pretende aprobar este venres o goberno local.
O edil sinalou por outra banda que as subvencións aos clubs correspondentes á tempada 18-19 están "a piques de resolverse" e "pagaranse a partir do mes de marzo", o que deixaría pendente soamente as axudas correspondentes á tempada en curso, a 19-20, coa idea de que se tramiten e resolvan antes de final de ano, confirmou o responsable municipal de deportes.
No que respecta a as subvencións para a organización das escolas deportivas, Fernández sinalou que se procedeu ao pago do 30% das mesmas, o que corresponde ao adianto que se pode solicitar, e o 70% restante será abonado a medida que os clubs vaian xustificando os gastos.
A CONCELLERÍA DE DEPORTES ASUME OS GRANDES EVENTOS
Por último Tino Fernández confirmou que o goberno local tomou a decisión de reagrupar as competencias deportivas na Concellería de Deportes, recuperando así a responsabilidade sobre a organización de grandes eventos deportivos que desde o inicio do mandato recaía en Anabel Gulías.
"A experiencia destes meses demostrounos que por razóns de operatividade é mellor que todo o deporte estea na mesma concellería", recoñeceu asegurando que segue traballando de xeito conxunto co alcalde na preparación do calendario de eventos deportivos.
Relacionadas:
-
Un certificado de conformidade dos clubs, posibilidade para desbloquear as subvencións deportivas
Por Redacción |
-
O pagamento das subvencións deportivas, conxelado polo decreto de estado de alarma
Por Diego Espiño |
-
O Concello notifica a resolución das subvencións deportivas correspondentes á tempada 17/18
Por Redacción |
-
Guille Juncal (PP): "Si no hay dinero para pagar grandes eventos y a los clubes deportivos la prioridad deben ser los clubes"
Por Redacción |
-
A Xunta de Goberno aproba as subvencións das escolas deportivas da tempada 18/19
Por Redacción |
-
O Concello pecha o prazo para optar ás axudas deportivas con 63 clubs solicitantes
Por Redacción |
-
O Concello comprométese a axilizar o pago das subvencións aos clubs deportivos
Por Redacción |