Os cuartos de final da Copa da Raíña, unha cita coa historia para o Poio Pescamar

Por Redacción
Por primeira vez na súa historia, o Poio Pescamar ten na súa man meterse na final a 4 da Copa da Raíña, a que sería a súa primeira gran final a nivel nacional nun evento que se organizará de maneira conxunta nunha única sede cos equipo masculinos.
Despois de superar unha barreira nos últimos anos logrando levantar coa Copa de Galicia os seus primeiros títulos oficiais, o conxunto vermello ten agora a oportunidade de dar un paso máis e seguir crecendo na súa aspiración de consolidarse entre os grandes clubs do país.
Por iso a entidade, esquecendo o mal momento que atravesan na liga, está envorcada no duelo que o vindeiro sábado (18:30 horas) nos cuartos de final de Copa lle enfrontará no pavillón da Seca ao Roldán murciano, actual noveno clasificado da máxima categoría. Será unha eliminatoria a partido único, esperándose un gran ambiente nas bancadas.
O Poio Pescamar quere de feito que o seu pavillón sexa unha auténtica caldeira, un ambiente festivo ao que colaborarán os 50 afeccionados murcianos que xa reservaron a súa entrada e que se cruzarán a península en autocar para apoiar ao seu equipo.
A nivel deportivo, Andrea Feijóo está lista para volver despois dun mes de baixa por lesión, unha noticia que alivia en parte os problemas de efectivos do plantel adestrado por Raúl Jiménez tras confirmase a grave lesión de Clara, que non volverá xogar esta tempada.
Segundo anunciou o Poio, a directiva decidiu premiar aos afeccionados que acudan ao encontro vestidos de vermello participando nun sorteo de camisetas do primeiro equipo.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar vence pola mínima ao Roldan e avanza á final four da Copa da Raíña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Unha praza na final four da Copa da Raíña está en xogo este sábado na Seca
Por Redacción |
-
Clara rompe o ligamento cruzado do seu xeonllo e di adeus á tempada co Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Atlético Navalcarnero golea o Poio Pescamar, que suma a súa cuarta derrota consecutiva (7-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, sen ideas, naufraga ante o Penya Esplugues e afástase do playoff (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Roldán, último escollo do Poio Pescamar cara á fase final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar derrota o Ourense Envialia e pasa a cuartos da Copa da Raíña (3-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |