Unha praza na final four da Copa da Raíña está en xogo este sábado na Seca

Por Redacción
O dono dunha praza na primeira final a catro da historia da Copa da Raíña de fútbol sala sairá este sábado do enfrontamento entre o Poio Pescamar e o STV Roldán previsto para este sábado a partir das 18.30 horas
Esta tempada é a primeira vez que todos os equipos da primeira e os mellores de segunda división participan na copa en eliminatorias a partido único na cancha do rival con menor coeficiente. Ata o de agora, esta competición estivera limitada aos oito mellores clasificados da Primeira División.
Despois de eliminar ao Fisgón e ao Ourense Envialia, as de Raúl Jiménez tentarán dar un paso máis para meterse na loita polo seu primeiro título, que se disputará en maio, ao finalizar a liga, nunha sede aínda por determinar.
Con todo, o equipo conserveiro chega a este crucial choque inmerso nunha crise de resultados e deprimidos pola perda por lesión de longa duración de Clara. Con catro derrotas consecutivas en liga, desde a directiva do Poio Pescamar fan un chamamento á afección para que abarrote o pavillón e dea ás xogadoras o empuxe anímico que necesitan para voltear a situación. Ademais haberá sorteo de camisetas para aqueles afeccionados que vaian vestidos de vermello ao pavillón.
No plano deportivo, Raúl Jiménez recupera á máxima goleadora do equipo, Andrea Feijoo, unha vez recuperada da súa rotura de fibras no cuádriceps.
Nunha dinámica oposta chegan as murcianas, que suman cinco triunfos consecutivos e buscarán o sexto na Seca para meterse na final dunha competición que xa gañaron unha vez.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar vence pola mínima ao Roldan e avanza á final four da Copa da Raíña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Os cuartos de final da Copa da Raíña, unha cita coa historia para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Clara rompe o ligamento cruzado do seu xeonllo e di adeus á tempada co Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Atlético Navalcarnero golea o Poio Pescamar, que suma a súa cuarta derrota consecutiva (7-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, sen ideas, naufraga ante o Penya Esplugues e afástase do playoff (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |