O Poio Pescamar vence pola mínima ao Roldan e avanza á final four da Copa da Raíña
Por Redacción & Diego Torrado
Acabouse a mala serie para o Poio Pescamar. Despois de sumar catro derrotas consecutivas en liga, as de Raúl Jiménez chegaron ao pavillón da Seca coa intención de vencer ao Roldán e avanzar á seguinte rolda da Copa da Raíña.
A eliminatoria estivo competida. Ambos os equipos querían levar a vitoria, pero os nervios estaban a flor de pel e mostrábanse sobre a pista. A pesar diso, foi o Poio o que se fixo co control do esférico e viu como a mellor ocasión do partido era desviada pola porteira murciana.
As oportunidades seguiron intercambiándose durante os últimos 8 minutos da primeira metade, e a pesar de que o Roldán xa contaba coa cota de cinco e o Poio presionaba máis arriba, chegouse ao descanso con empate sen goles.
Despois do paso polo vestiario, o Roldán avisou na primeira que tivo, pero as vermellas responderon culminando unha transición ofensiva que lles serviu para estrear o luminoso cun gol de Ana Rivera aos 22 minutos de partido.
Tras o gol, o Roldán optou por unha presión alta á saída de balón das locais, que se mostraban incómodas pero evitaban a igualada.
Os minutos seguían pasando e co 1-0 no marcador, as de Murcia optaron polo xogo de cinco, que lles permitiu contar con algunha ocasión para igualar a eliminatoria a falta de catro minutos para a conclusión, pero a forte defensa do Poio impediu o tanto visitante.
Con esta victoria, o Poio Pescamar conseguiu o billete á final a catro da Copa da Raíña e súmase ao Burela (que venceu ao Leganés), e ao Alcorcón (que deu a sorpresa ante o Atlético Navalcarnero).
POIO PESCAMAR (1): Silvia; Cárol, Irene, Iria Saeta e Ana Rivera (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mirian, Andrea, Dani Sousa e Anna Escribano.
ROLDÁN (0): Etayo; Bet, Andrea, Marta das Rochas e Ángela (cinco inicial). Tamén xogaron, Tere, Alba, Mariángeles, María, Claudia Terrés e Cristi.
Goles: 1-0, min. 22 Ana Rivera.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca. Máis de 500 espectadores. Os colexiados amoestaron con cartolina amarela a Iria Saeta, Dani Sousa e Caridad no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Silvia Aguete dá o susto no empate entre Poio Pescamar e Ourense en Copa Galicia (0-0)
Por Redacción |
-
Mercado reducido para o Poio Pescamar na súa procura de substituta para Clara, recentemente operada do xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar recupera o sorriso en liga a conta do Alacante (2-0)
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar aparca a Copa para tentar rexurdir na liga
Por Redacción |
-
Unha praza na final four da Copa da Raíña está en xogo este sábado na Seca
Por Redacción |
-
Os cuartos de final da Copa da Raíña, unha cita coa historia para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Clara rompe o ligamento cruzado do seu xeonllo e di adeus á tempada co Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Atlético Navalcarnero golea o Poio Pescamar, que suma a súa cuarta derrota consecutiva (7-1)
Por Redacción |