O Pontevedra B reencóntrase coa vitoria á conta do Ponteareas (2-1) e o Ribadumia colócase líder tras vencer ao Portonovo (1-0)
Por Redacción
O Pontevedra B reencóntrase coa vitoria na Xunqueira.
Despois de sumar dúas derrotas consecutivas, os granates recibiron ao Xuvenil de Ponteareas, 14 clasificado con 28 puntos e venceron por 2-1.
O gol que adiantou aos locais no marcador chegou no minuto 23. Brais enviou o balón á rede defendida por Sergio Loureiro e puxo o 1-0.
Tras o descanso chegaron o resto de goles. Martín Diz marcaba o segundo para o Pontevedra B aos 5 minutos de pasar polo vestiario, e non foi ata o minuto 68 cando o Ponteareas reaccionou cun tanto de Cani.
Aínda quedaba moito partido por diante, pero os granates souberon manter o resultado que lles permite sumar a súa novena vitoria esta tempada.
Consulta a acta do partido Pontevedra B-Xuvenil de Ponteareas na seguinte ligazón.
A mala serie continúa para o Vilalonga.
Despois de sumar a súa segunda derrota esta tempada na xornada pasada ante a Gran Pena, os de San Pedro seguen sen atoparse coa vitoria e afástanse do liderado.
O seu rival esta fin de semana foi o pechacancelas, o San Ciprián, pero non souberon pasar do empate sen goles.
A xogada polémica chegou no minuto 86 cando o colexiado expulsou con vermella directa ao xogador local Adrián Santos. A pesar de estar en superioridade numérica, non quedaba tempo para máis e os equipos repartíronse un punto que ao Vilalonga sábelle a pouco.
Consulta a acta do partido San Ciprián-Vilalonga na seguinte ligazón.
Do empate sen goles tampouco pasou o Beluso na súa visita ao Valladares.
Os visitantes, que viñan de sumar 5 puntos dos últimos 12, volveron atoparse co empate pero mantéñense na 16 posición.
Pola súa banda, o Valladares segue penúltimo con 12 puntos.
Consulta a acta do partido Valladares-Beluso na seguinte ligazón.
No partido entre o Céltiga e o Atios tamén repartiron os puntos despois de empatar a 2.
O primeiro tanto do partido tardou en chegar. Non foi ata o minuto 37 cando Estefan enviou o balón á rede para poñer ao Atios por diante no marcador antes de chegar ao descanso.
Tras o paso polo vestiario chegaron o resto de goles. Fernando Lezcano igualaba para o Céltiga no minuto 56, pero Totti volvía poñer ao Atios por diante no minuto 67.
Pouco durou a alegría aos visitantes, que viron como Lezcano marcaba o seu dobrete e empataba o encontro e deixaba o 2-2 final no luminoso.
Consulta a acta do partido Céltiga-Atios na seguinte ligazón.
A derrota máis avultada desta xornada foi a do Cambados. Unha moi mala segunda parte permitiu ao Moaña marcar 5 tantos que lle deron a vitoria esta fin de semana.
O Moaña inaugurou o marcador no minuto 45 cun gol de Adri Cidras, único gol da primeira metade e que permitía aos locais irse ao descanso co marcador ao seu favor.
A goleada chegou despois do descanso. Darío marcaba o segundo no minuto 67, e *Álex Currás o terceiro que deixaba o encontro practicamente sentenciado.
Nos últimos 10 minutos chegaron o resto de goles. Eloy poñía o 4-0 e Roberto, no minuto 87, enviaba o balón á rede do porteiro visitante por quinta vez no partido.
Consulta a acta do Moaña-Cambados partido na seguinte ligazón.
O derbi entre Ribadumia e Portonovo terminou con vitoria local pola mínima.
Un solitario gol de Javi Domingo no minuto 40 sentenciou o encontro a favor do Ribadumia que se coloca líder con 47 puntos.
En segunda posición atópase o Atios con 46 e o Vilalonga con 45.
Consulta a acta do Ribadumia-Portonovo partido na seguinte ligazón.
Pola súa banda, o Sanxenxo recibiu ao sétimo clasificado, o Arnoia.
Despois dunha primeira parte na que non houbo goles, o gol que deu a vitoria ao Arnoia marcouno Rober no minuto 71.
Consulta a acta do partido Sanxenxo-Arnoia na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Nova derrota para o Pontevedra B en casa do Moaña (3-2) e o Xuvenil de Ponteareas golea o Vilalonga por 2-6
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre o Pontevedra B e o Atios (1-1) na Xunqueira
Por Redacción |
-
O Pontevedra B déixa os tres puntos ante o Mondariz (0-1) e o Vilalonga perde o liderado tras caer contra o Gran Peña (0-1)
Por Redacción |
-
O Céltiga asalta A Xunqueira e derrota o Pontevedra B na súa casa (0-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Ribadumia leva o derbi ante o Céltiga (0-1) e o Pontevedra B vence ao Cambados a domicilio (1-3)
Por Redacción |
-
Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción |