Lydia Pérez acode ao Europeo de Loita mirando de esguello os clasificatorios olímpicos
Por Redacción
O camiño cara ao soño de estar o próximo verán nos Xogos Olímpicos de Tokyo ten esta semana unha nova parada para Lydia Pérez Touriño.
A pontevedresa é un dos tres deportistas galegos que tomarán parte desde este luns no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas que se disputa na localidade italiana de Ostia di Lido, preto de Roma.
Esta cita supón unha proba de nivel para pensando nos torneos clasificatorios para Tokyo 2020, que terán lugar en marzo en Budapest e os primeiros días de maio en Sofía e onde si estarán en xogo os billetes olímpicos.
A deportista do Club de Loita Pontevedra buscará un bo resultado no Europeo Absoluto na categoría de -62 quilos de loita feminina, prevista no calendario da competición para o vindeiro xoves 13 de febreiro.
Ademais en Italia competirán outros dous galegos, José Cuba (Vilalba) en loita libre olímpica de -125 quilos e Sara Viéitez (Independente de Vigo) na modalidade de Grappling -53 quilos.
Relacionadas:
-
Pablo García e Lydia Pérez lánzanse a polo reto olímpico
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez cae nos cuartos de final do Europeo de Loita a falta da repesca
Por Redacción |
-
Dous padriños con aspiracións olímpicas
Por Manu Otero |
-
O Nacional Sénior de Loita, novo evento para o calendario deportivo de Pontevedra en 2020
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez participa en Berlín nunha importante concentración internacional de loita feminina
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae nos cuartos de final do Mundial Sub-23 de loita
Por Redacción |
-
Lydia Pérez perde o bronce europeo en Minsk no combate de repesca
Por Redacción |