Lydia Pérez cae nos cuartos de final do Europeo de Loita a falta da repesca
Por Redacción
Os cuartos de final foron o tope de Lydia Pérez Touriño no Campionato de Europa de Loitas Olímpicas que se disputa na localidade italiana de Ostia di Lido, en Roma.
A deportista pontevedresa cedeu este xoves nesa rolda no cadro principal do torneo feminino, na categoría de -62 quilos, e queda agora a expensas da repesca prevista para este venres día 14, na que poderá pelexar por conseguir unha medalla de bronce continental.
Lydia iniciou a súa participación no Europeo con nota, superando con solvencia á lituana Kornelija Zaicevaite (14-3).
Así avanzou ata a rolda de cuartos de final, na que se enfrontou á rusa Inna Trazhukova, que posteriormente chegaría á gran final e que a superou por un tenteo de 0-6.
A cita continental supoñía unha proba do nivel e estado de forma da representante do Club de Loita Pontevedra, que ten previsto pelexar polo pasaporte olímpico nos torneo clasificatorios para Tokyo 2020 que terán lugar en marzo en Budapest e os primeiros días de maio en Sofía.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Os loitadores Pablo García e Noelia Lalín, adestramento en parella durante o confinamento
Por Redacción |
-
Pablo García e Lydia Pérez lánzanse a polo reto olímpico
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez acode ao Europeo de Loita mirando de esguello os clasificatorios olímpicos
Por Redacción |
-
Dous padriños con aspiracións olímpicas
Por Manu Otero |
-
Lydia Pérez participa en Berlín nunha importante concentración internacional de loita feminina
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae nos cuartos de final do Mundial Sub-23 de loita
Por Redacción |