O Poio Pescamar aparca a Copa para tentar rexurdir na liga
Por Redacción
Os festexos pola histórica clasificación para a final a 4 da Copa da Raíña quedan atrás para o Poio Pescamar, que quere deixar aparcado de momento ese soño para centrarse en recuperar sensacións na liga tras catro derrotas consecutivas.
As vermellas queren recobrar impulso para consolidarse na quinta posición da táboa, e para iso deben vencer este sábado (18:30 horas) a outro dos semifinalistas copeiros, o Universidad de Alicante, no pavillón municipal da Seca.
O equipo adestrado por Raúl Jiménez fíase ao poder do seu feudo para superar a un equipo alacantino que marcha sexto a só dous puntos de distancia.
A vitoria faise ademais indispensable para seguir aspirando, aínda que sexa minimamente, a un play-off que agora está a 9 puntos de distancia pero con aínda moita liga por diante.
O Poio Pescamar non poderá contar para a cita coas lesionadas de longa duración Antía Pérez e Clara, pero si co resto do plantel tras a recuperación a pasada semana de Andrea Feijoo.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar recupera o sorriso en liga a conta do Alacante (2-0)
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar vence pola mínima ao Roldan e avanza á final four da Copa da Raíña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Clara rompe o ligamento cruzado do seu xeonllo e di adeus á tempada co Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Atlético Navalcarnero golea o Poio Pescamar, que suma a súa cuarta derrota consecutiva (7-1)
Por Redacción |