Repartición de puntos entre o TM Monte Porreiro e o Hispalis despois do parón da Superdivisión
Por Manu Otero & Diego Torrado
O equipo masculino do Tenis de Mesa Monte Porreiro retomou este domingo coa competición cun partido no pavillón de Príncipe Felipe fronte ao Hispalis que se saldou con empate a tres puntos.
As vitorias nos dúas primeiros cruces de Horacio Cifuentes e Martín Sebastián, que resolveron os seus duelos pola vía rápida, puxeron en vantaxe ao equipo pontevedrés. Con todo, a sorte abandonounos nas dúas seguintes contendas, nas que o debutante xaponés Shohei Onodera e Martín Sebastián caeron fronte a Santiago Lorenzo e Aoto Asazu respectivamente.
Co choque igualado, un novo triunfo de Horacio devolveu a vantaxe aos de Monte Porreiro, que cederon o empate no último enfrontamento do partido ao volver caer o xaponés fronte a Francisco Ruiz en cinco xogos.
O equipo feminino da División de Honra perdeu o seu enfrontamento contra o Illas Cíes por 4-2. No último cruzamento, as pontevedresas tiveron a oportunidade de empatar, pero Viktoriia Lebedeva non deu opcións a Noa Bernárdez.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro vence con autoridade o Irún Leka Enea (4-1)
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, orgulloso da súa canteira
Por Diego Espiño |
-
O xaponés Shohei Onodera, preparado para debutar co Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro salva un empate na súa visita ao L'Escala (3-3)
Por Redacción & Diego Torrado |