O Atlético de Madrid B, unha particular besta negra no peor momento posible
Por Diego Espiño
No medio dunha profunda crise de resultados, con 3 puntos sumados dos últimos 24 e sen gañar desde o 14 de decembro, o Pontevedra disponse a visitar o vindeiro domingo o campo do filial do Atlético de Madrid, un equipo que nas últimas campañas cruzouse cos granates en momentos clave.
O conxunto colchoneiro converteuse nunha especie de besta negra, a pesar de que os granates lograron a permanencia na última xornada da tempada 17/18 precisamente no campo do Atlético de Madrid na última xornada, vencendo 0-2.
Esa é a única excepción a unha serie de partidos que marcaron as últimas campañas do equipo pontevedrés. Así, no mesmo curso 17/18 o filial venceu en Pasarón (0-1), algo que repetiu un ano despois na 18/19 na xornada 37 do campionato cando o conxunto por aquel entón adestrado por Luismi apuraba as súas opcións de clasificarse para o play-off de ascenso. Aquel encontro, que se saldou cun claro 0-2 e dominio absoluto dos colchoneiros, deixou sen opcións o Pontevedra.
Peor sensación foi a deste mesmo curso, na sétima xornada, nun partido que supuxo o principio do fin para Luismi. Así o recoñeceu semanas despois a presidenta Lupe Murillo xustificando a substitución no banco. "En cinco años que llevo de presidenta nunca vi un partido tan espantoso como el que vimos contra el Atlético B en Pasarón, ahí se nos encienden las alarmas", revelou sobre aquel 1-5 que unido ás derrotas ante o Real Madrid Castilla e Getafe B, esta en Pasarón, supuxeron o despedimento do técnico.
Tras dúas xornadas de transición chegou entón ao banco Carlos Pouso, impulsando unha reacción que levou aos granates a coquetear cos postos de play-off na última xornada do ano, cando caeron con estrépito ante polo entón pechacancelas San Sebastián de los Reyes. Desde entón a curva do equipo foi descendente ata a actual posición, décimo cuartos con 31 puntos, empatados co posto do play- out e a dous puntos do descenso.
Nesas condicións, unha volta máis tarde, o plantel granate afrontará o vindeiro domingo 23 de febreiro (12:00 horas) unha complicada saída co obxectivo de reivindicarse e empezar a cambiar a complicada situación actual. En fronte estará un Atlético B que ademais da goleada da primeira volta consolidouse na segunda posición do Grupo I de Segunda B con 51 puntos, a 4 puntos do liderado que ocupa o Atlético Baleares.
Relacionadas:
-
Bo punto do Pontevedra ante o Atlético de Madrid B na estrea de Jesús Ramos (1-1)
Por Redacción |
-
A versión 3.0 do Pontevedra estréase no feudo do Atlético de Madrid B
Por Diego Espiño |
-
Berrocal estará de baixa un mínimo de tres meses
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pouso valora a súa saída do Pontevedra: "Reconozco que fui el que dio el primer paso"
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa: "No podemos caer en el error de seguir lamentándonos"
Por Diego Espiño |
-
Pouso despídese do plantel do Pontevedra e Jesús Ramos toma o mando
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra 'cárgase' a Carlos Pouso
Por Diego Espiño |
-
Calma tensa nun Pontevedra que só pensa xa na permanencia
Por Diego Espiño |
-
O Oviedo B prolonga o estado de depresión dun Pontevedra negado de cara ao gol que segue sen gañar no 2020 (0-1)
Por Manu Otero & Diego Torrado |
-
Desastre dun irrecoñecible e débil Pontevedra fronte ao Atlético Madrid B (1-5)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Graves erros defensivos lastran o Pontevedra ante o Atlético de Madrid B enterrando as súas opcións (0-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |