O deporte adaptado faise visible na Illa das Esculturas
Por Redacción
Pontevedra acollerá un ano máis o Campionato Galego de Campo a través para persoas con discapacidade intelectual.
O evento, organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado e que terá lugar o mércores 19 de febreiro, foi presentada oficialmente este martes no Concello.
Trátase dunha competición que ademais de loitar pola inclusión pretende visibilizar o esforzo dos deportistas nas súas diferentes categorías: xogo, adaptado e competición.
A Illa das Esculturas será escenario das diferentes carreiras a partir das 11:00 horas da mañá.
Está prevista a participación de ao redor de 200 deportistas de 17 clubs de toda a comunidade.